6 de febreiro de 2008

ADEGA PROXECTA UNHA ALDEA VERDE EN RAMIL

Proxecto Aldea Verde de ADEGA, no concello de Agolada, no lugar de Ramil.
A asociación ecoloxista ADEGA quere poñer en marcha un ilusionante proxecto denominado "ALDEA VERDE" e para iso pensa mercar unha propiedade no lugar de Ramil, Agolada e desenvolver unha batería de proxectos dinamizadores do medio rural co común denominador da ecoloxía. Este proxecto pretende ser algo máis ca un equipamento de Educación Ambiental e servir como plataforma de lanzamento dos proxectos e alternativas ecolóxicas que ADEGA propón para camiñar cara a sustentabilidade real. En breve pecharase a adquisición das fincas e comenzará o traballo de acondicionamento dos predios, para o que agarda contar coa colaboración de todos os socios/as. Dada a dimensión do proxecto, son benvidas todas as suxestións e posibles aportacións (man de obra e tempo de traballo, asesoría profesional, doazóns de materiais...etc). Contactade co teléfono (981570099) para máis información.

Esta información está recollida do blog Plataforma Ártabra 21. O amigo Ángel Méndez de Basadroa, un dos puntais desta iniciativa terame ao corrente de cando se dispoña de información máis detallada. Será o momento de volver a expoñela aquí.
A fotografía corresponde á visita que fixemos ao monte de Ramil, hai tres anos, para coñecermos o seu patrimonio arqueolóxico.

4 comentarios:

  1. Ben pensado, non coñecía a iniciativa. Estaremos ó loro.
    apertas

    ResponderEliminar
  2. Pois estades de noraboa logo!. Paréceme unha idea magnífica.

    ResponderEliminar
  3. É o camiño a seguir, ¡un mundo mellor é posible!

    ResponderEliminar