2 de febreiro de 2008

PANORÁMICA CON SABOR A MELINDRE

A ruta de hoxe pasaba polos carrelos dos horizontes. Os ollos gozaban das panorámicas sobre as terras coruñesas que baña o Furelos. E alí estaba a aldea, a que tanto ama unha amiga da virtualidade a quen lla envío coma un melindre gorentoso, que tan ben saben facer os de Melide.

3 comentarios:

  1. A miña caaaaaaasa!!!! Que fermoso regalo! Tou sorrindo eu soa, mirando o teu blog!! Se iso non é maxia, non sei o que será!
    Gracias, Busto, que regalazo.
    Moitas veces detívenme a ver esa imaxe, dende a cima de Vimianzo, pero nunca a souben retratar coma ti. Que bonito saber que estiveches ollando por aí...
    A miña casa, ben... a de meus pais, é a da esquerda de todo, a que está máis contra o monte, contra o pinar, como din os avós... aínda nos arrecende a pinos e canta a curuxa a carón da fiestra nalgunhas noites.
    Gracias por este regalo, unha vez máis.
    Emocionoume de veras, e gárdoo na miña caixiña transparente de regalos de cumpreanos.
    Estou en débeda contigo, e non ha ser doado saldala. Pero tentareino!

    ResponderEliminar
  2. Aínda que non está ben iso da posesión, permitinme tomar prestado o teu regalo para a miña lareira. Veno ver cando queiras...

    ResponderEliminar
  3. Lareira, felicitoche por disfrutar dunha casa nun sitio tan precioso, e a Busto por o ben que fixo a foto!

    Pero... dijo eu... os bos melindres son os de Silleda!!! :9

    ResponderEliminar