4 de marzo de 2008

CHAMÁBASE VÁZQUEZ

Poucas veces teño oído que a un can se lle chame cun apelido. Neste caso VÁZQUEZ (fillo de Vasco). É o can máis pacífico que coñezo. Por mal que pinte o aspecto do intruso que se achegue á casa, nunca ladra nin se asaña. É excepcionalmente fiel e nin se lle ocorre abandonar o seu posto de garda. Posúe unha afouteza granítica, inmutable e é capaz de permanecer impasible durante horas, días...
Quizais me aventurei un chisco ao facer especulacións, pois nada sei do porqué deste can pétreo, colocado na entrada dunha casa de Gurgueiro (Agolada). Poida que Vázquez sexa o apelido dos da casa e que o can figure na súa pedra de armas, poida que se trate dunha escultura homenaxe para un can moi especial...Cando menos, chamou a miña atención hai xa algúns meses.

8 comentarios:

  1. Dous retos:
    1- Ser capaz de facer unha foto dun cuberto dunha casa galega sen que haxa nel unha bombona.

    2- Explicar a orixe do oikónimo "casa do Gurgueiro". Xa o teño oído máis veces e non se me ocorre como puido orixinarse.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. A miña chámase Vodka, ladra, come e lánzase cando me ve. É moura, faría boa parella con Velázquez, ata se parecen. E teño que dicilo, Vodka é a máis lista da zona.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Pois dende hoxe imos ter que engadir nos signos heráldicos un can central acolado dunha bombona de repsol butano e un saco de cemento cosmos.

    Para nome dun cánido gústame infinitamente máis vodka que vázquez.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Ao millor Vázquez é o escultor. De tódolos xeitos, mui boa foto.

    ResponderEliminar
  5. ¡Non é para menos! hay de todo na golada

    ResponderEliminar
  6. aqui estilase bastante (cada vez mais) o de chamar a cans e gatos cun apelido (moitas veces sen nome, só polo apelido). Cousas da moda...

    ResponderEliminar