5 de marzo de 2008

VILARIÑO E COSTELA

Escoitaba o domingo pasado dicir a unha arquitecta, cuxo nome non puiden reter, nun programa matinal da TVG: "Galicia segue a ser bonita. A xente aínda non puido con ela". Estas palabras estaban relacionadas co fenómeno da urbanización desmesurada do territorio, especialmente nas costas galegas, e da conseguinte destrución da paisaxe. Tamén se refería ao feísmo imperante.
Vilariño e Costela, dúas aldeas da parroquia de Órrea, non padecen este fenómeno e sobreviven rodeadas de paisaxe. Campos de labor, bosques e algunhas casas labregas, séculos de historia que non figura nas crónicas... silencio, paz, éxodo, devalo... Quédanos a fermosura e a vitalidade da paisaxe. Tes o día, tes a noite, tes as estrelas da alba. Fuco Pérez sen segundo, ninguén sabe o que che pasa. (Celso Emilio Ferreiro).

8 comentarios:

  1. Podemos facer duas cousas integrarnos na paisaxe ou modificala segun a nosa conveniencia. De acordo que sempre se modifica (os campos sementados, as talas, os prados, as casas) pero todo eso configura unha fisonomía que é galicia. Pero vai cambiando, os camiños por carreteras, as leiras botadas a monte, as chousas pequeniñas en chousas grandes, as casas de pedra por chalets. Chegan novos xeitos de vida, novos costumes, e iso vai facer cambiar a paisaxe, sen remedio, penso eu.

    ResponderEliminar
  2. O feismo está a acabar con todos nós e co noso país, e o peor é que os nosos políticos se é que se poden considerar iso non fan nada por evitalo. Que mágoa¡¡¡ Saudos dende Agolada

    ResponderEliminar
  3. Como di David os políticos teñen a súa responsabilidade con rspecto ao feísmo, pero cada un de nos, cada galego tamén temos a nosa parte de responsabilidade, cando queremos facer unha casa e facemola ao xeito de Canarias ou Andalucía, que xa teño visto eu algún patio andaluz no medio dunha aldea, ou un louxado tipo París e outras barvaries que mellor non comentar, así que poñamos tod@s da nosa parte para mellorar a nosa paisaxe sen estragala.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. O feísmo está aparecendo mais rápido do que nós cremos. Bicos

    ResponderEliminar
  5. Zeltia exprésase con claridade e Rifo tamén. As duas din cousas diferentes e as duas teñen razón. Conxugar progreso con respeto semella ser un verbo complicado.
    Teremos que aprender sin mestres que nos axuden. Á nosa xeneración tócalle amañar o desaguisado. Temos a tecnoloxía e temos a seguridade de saber: a que carallo agardamos?

    ResponderEliminar
  6. Concordo co que dí Rifo. A culpa mais importante do feismo que asola estas terras témola nós.

    ResponderEliminar
  7. e quédanos tamén a xente que o aprecie e nolo amose, coma busto da golada.
    apertas

    ResponderEliminar
  8. Non hai feismo. Hai feístas. E diso sí que non nos teñen culpa nen os de fóra nen o goberno.

    ResponderEliminar