31 de marzo de 2008

XUNTANZA DE BLOGUEIROS

Conto coa triple experiencia de ter coñecido fisicamente a tres blogueiros que previamente eran amigos virtuais e visitantes asiduos da miña páxina. E os encontros foron altamente gratificantes. Por iso me animaba e me anima a seguir póndolles caras e voz aos cinco milleiros de blogueiros que poboamos o Blogomillo.
Un sempre pensa desde a súa óptica. E con esa perspectiva persoal imaxinei este encontro de internautas congregados no singular espazo dos Pendellos. Por varias razóns:
- porque eu pertenzo a Asociación Amigos dos Pendellos.
- porque é un marco único e incomparable acreditado para eventos deste tipo.
- porque xa levamos feito varios encontros nos Pendellos con éxitos repetidos e sonados.
- porque Agolada é centro e cerne de Galicia, ben comunicado por estrada, sen atascos nin agobios do tráfico.
-porque a Galicia rural que esmorece necesita de revulsivos coma este que tratamos de convocar.
- porque os Pendellos, un espazo pendente das obras de restauración, necesita unha permanente presenza nos medios para mover as vontades dos políticos e diluír o escepticismo de moitos que o teñen a carón.
- porque na Asociación Amigos dos Pendellos temos infraestrutura abondo para organizar un acto digno e multitudinario (megafonía, canón de vídeo, pantalla grande, palco natural sobre as pedras dos mostradores dos pendellos, varias persoas para organizar os preparativos previos...)
E sempre contamos co concello para dispoñer de sillas de exterior e un salón de actos, ben na Casa da Cultura ou no Centro da Terceira Idade.
- porque unha compoñente de Fuxan os Ventos é veciña e amiga nosa e ofreceunos a posibilidade dun concerto deste grupo nos Pendellos (convén concretar a data con eles).
- porque o grupo de gaitas Bico da Balouta sempre colabora connosco de moi boa gana, se ben aínda non falamos con eles.
- porque hai unha blogueira, a Zanfonista, que gustaría moito de interpretar algo coa súa zanfona nesta ocasión.
- porque poderiamos organizar algunha ruta de sendeirismo guiada e con varios puntos de interese natural ou histórico-artístico. (Unha sobresaliente é a do Sobreiral do Arnego).
-porque somos varios blogueiros na zona e estamos de acordo en facermos isto xuntos, cóbado a cóbado e con ilusión para que sexa un día grande de primavera.
- porque queremos e nos peta e nos dá a gana,
porque nos sae de dentro... (Celso Emilio Ferreiro)

É importante que os que esteades interesados deixedes aviso no voso blog. Namentres visitade o blog creado para esta Xuntanza (http://blog-xuntanza.blogspot.com/).
Albízaras e que cante o merlo (en palabras de Mero).

23 comentarios:

  1. Gústame a idea. Noraboa pola idea.
    O que é importante para min é saber canto antes a data, para poder organizarme.
    Suso

    ResponderEliminar
  2. Busto, a proposta de Agolada paréceme moi boa, e non cabe a menor dúbida da vosa capacidade para organizar unha inesquecible xuntanza.
    O anticipo do programa é excelente, e a presenza de Fuxán os Ventos un aliciente máis para os da nosa xeración.

    ResponderEliminar
  3. Eu toco a zanfona sempre que sexa, e para alguns amigos tamén, foi unha idea xenial o de organizalo en Agolada. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Reitero o meu apoio e ofrezo a miña colaboración para esta xuntanza en Agolada.

    (Agora que, benquerido Busto, o Centro Xeográfico de Galiza vaiche ser en Antas eh. Amiguiños si, pero a vaquiña...polo que vale!!)

    Espallaremos o evento.

    ResponderEliminar
  5. Pillabán, agora que eu pechei o meu...
    Sucasas.

    ResponderEliminar
  6. Un cura sin parroquia non deixa de ser un cura. Sr. Sucasas, será vostede benvido na Xuntanza de blogueiros ainda que momentaneamente non sexa párroco adscrito. En calquera caso, se vostede aceptase, podo nomealo coadxutor da Chousa...

    ResponderEliminar
  7. jeje, pincho alí, pincho alá e todos andan a argallr propostas e ideas para esta xuntanza!

    Encantada!

    Como xa comentei no blo da Xuntanza, creo que deberíamos reinvidicar que o movemento blo no rural, aínda que todavía non alcanza as estadisticas das urbes galegas, é importante e ata considero que xoga un papel moi meritorio e case de valentía, dada a baixa calidade das redes e da conexión no rural que hoxe en día ten galiza.

    é un esforzo moi meritorio, que xentes dende o rural, publiquen diariamente contidos nos blos, cando francamente é unha tarea lenta e chea de paciemcia.

    Creo que é fermoso e novidoso que o encontro se celebre nun lugar como agolada, e máis aínda nos Pendellos que nos amosa AQUAM LATAM!

    por o que acabo de dicir, e por tódolos blogueiros de arredor de agolada, que están a particiar activamente en que este encontro se celebre, tou de acordísomo con chousa, con veca e demáis, que o encontro se celebre en Agolada!

    actualmente vivo en punxín a 7 Km de Carballiño, e non moi lonxe, polo que vin no mapiña, de agolada e antas, así que si precisades de axuda, eu estou disposta a desplazarme ata ahí, algún que outro fin de semana. Calqueira cousa, escribide ao insomniorizar@gmail.com

    ResponderEliminar
  8. Boas xentiña,
    por aquí ofrezo tamén o meu apoio e mailo ombreiro para axudar no que se precise... que polo de pronto nesta proposta parece que son todo homes (agás a zanfonista).
    Para diante ese encontro!

    ResponderEliminar
  9. Busto, como xa che dicía onte paréceme moi boa a vosa proposta, e votei (unha soa vez) por Agolada, aínda que a anotación formal á Xuntanza está moi condicionada á data que salga elixida. Como non teño blog propio, e por aquilo de non ser un apatrida, vista a xenerosidade de Chousa de Alcandra ao nomear un coadxutor, rógoche que no exercicio do dereito de refuxio do que goza a túa parroquia desde sempre, acóllasme polo menos como sancristán de Aquam Latam.
    Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  10. Comigo podes contar. Teño gañas de coñecer Agolada e aos blogueiros que vaian. Agora falta saber a data. Leo e Naideleo xa son outro cantar e non sei se virán. A ver.

    O libro do que falaba eu titúlase " A videoconsola " e é de María Reimóndez con ilustracións de Lino Sánchez e publicado por Everest. O estilo do debuxo ten un aire co dos Bolechas e daí que te trabucases.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. Xa temos sancristán nesta parroquia do Aquam Latam. E creo que vos é moi cuco.
    Moitas grazas polas túas visitas e aportacións e sempre serás benvido.
    Tamén os seguidores tedes cabida. ¡Como non!

    ResponderEliminar
  12. Xa temos sancristán nesta parroquia do Aquam Latam. E creo que vos é moi cuco.
    Moitas grazas polas túas visitas e aportacións e sempre serás benvido.
    Tamén os seguidores tedes cabida. ¡Como non!

    ResponderEliminar
  13. Pois si que parece que vai ser en Agolada, somos maioría. Xuntamos máis blogueiros apuntados pola zona que case do resto de toda Galiza, dende logo a nosa zona está ben representada. saudos.

    ResponderEliminar
  14. Conmigo xa sabedes que contades. Con estes argumentos, seguro que ata os máis indecisos se animan.

    ResponderEliminar
  15. Moi boa idea, a xuntanza!
    ainda que non seguia este blogue mais que moi de venres en venres, penso que lle hei botar mais dunha ollada no futuro...
    Se precisades algo de blogaliza.org, so o tendes que decir.

    ResponderEliminar
  16. Penso que como esto siga así poderíamos habilitar os pendellos como unha "feira" de productos blogueiros. Algo así como o centro neurálxico da galiza dixital. Quen sabe!!. Noraboa

    ResponderEliminar
  17. Hola, cuenta conmigo para lo que necesites, aunque con gran pena, me será imposible asistir, yo subiré a Galicia el fin de semana del 23 de mayo pero me quedaré por Vigo. Aunque informáme sino te importa de la xuntanza en mi correo ficalmo@telefonica.net Buen fin de semana

    ResponderEliminar
  18. Acabo de enterarme fai pouco do da xuntanza, encantariame ir, canto mais pro veran mellor me vai a min, e cand lin que poida que sexa pra principios de xuño pois quizas poderia asgallar algo prai ir, mira que o 4 e o o meu coumpreanos, bonito regalo sería. Gustariame pedirche que me foras contando as cousiñas que van aparecendo no da xuntanza, a ver se podo ir que me fai moito ilusión

    ResponderEliminar
  19. Xa vexo a todo mundo moi alporizado con esa macroxuntanza blogueira. (mira tí o que ía ser unha pequena reunión xurdida do entusiasmo de Veca por porlle cara ós autores dos blogs ós que visita e que a visitan no que vai terminar en convertirse)
    Eu non asistirei porque non me gustan nada as reunións multitudinarias, pero seguirei con interese os preparativos previos e despois a reportaxe e as impresións que vaiades deixando.
    Pareceme moi oportuno vencellar a xuntanza ós pendellos. Así matanse dous paxaros dun tiro. pobres paxaros.
    Desexos de que saia unha reunión moi interesante

    ResponderEliminar
  20. Cuando puedas pásate por mi blog que te he nominado con un premio :-D

    ResponderEliminar
  21. Xa fai uns días que estou enterado das vosas intencións e non me animará a deixar comentario porque estiven enredando noutras cousas. Pero, agora que estou volvendo a recuperar folgos blogueiros, aposto porque esa xuntanza se celebre nos pendellos da Golada. Eu, posiblemente chegue tarde, estarei poi aí nas víspras do San Xoán e curiosamente tamén terei que regresar no primeiro día do Obradoiro Internacional das artes plásticas da nosa Benquerida Solaina de Piloño. ¡Que magoa!
    Unha aperta, meu amigo.

    ResponderEliminar
  22. Paréceme unha gran idea, non vai estar nada mal "unha viaxe ao centro da (nosa) terra", sobre todo para os que coma min, somos da periferia.
    Pero eu asistirei encantada desde Valdeorras e con moitas ganas de visitar outros "pendellos".
    Xa hai tempo que me deu por imaxinar cada blog coma un pendello,
    Apertas.
    E si hai algo co que eu poda colaborar, xa o diredes.

    ResponderEliminar