13 de abril de 2008

O CEBREIRO EN ALTORRELEVO

¡
O pasado mércores andei de visita por O Cebreiro (nome que provén da existencia pretérita de cebros ou burros silvestres naquelas paraxes). É o primeiro punto do Camiño Francés de Santiago en Galicia. 1.300 metros de altitude, un clima de invernos severos, un santuario milagreiro testemuña dun antigo mosteiro bieito, o hospital de peregrinos, as evocadoras pallozas, poucos veciños e un dos enclaves galegos máis visitados por propios e estraños.
Teño pasado por O Cebreiro bastantes veces e sempre descubro algo novo, sempre me sorprende e me aleda o lugar. Coñezo unha parte da súa historia e iso faimo máis interesante. Cando tiña dez anos, un compañeiro de colexio faloume del cun tono solemne e apaixonado. Creo que desde aquelas lle profeso unha devoción especial.
Pois o día nove deste mes enredei a fotografar a placa que vos presento, cun gravado en altorrelevo no que destacan a igrexa de Santa María a Real, a hospedería de San Xiraldo de Aurillac, as pallozas e o gaiteiro.
Debaixo cinco placas en cinco idiomas diferentes refírense á presenza do Santo Grial neste lugar.
Galego-portugués (grazas Paideleo), castelán, francés, alemán e inglés. Aínda segue sen chata O Cebreiro.














5 comentarios:

  1. Eu fun ás paiozas do Cebreiro. Tamén vin O Cebreiro na televisión, nevado, menuda paisaxe. Bicos, e que te mellores de esa dor que tes.

    ResponderEliminar
  2. Pois a placa que dis que está en portugués parece máis ben que está en galego-portugués medieval.
    Eu aínda non fun nin polo Cebreiro nin polo Courel e teño gañas, non creas.
    Un saúdo e a ver se se che pasan esas dores.

    ResponderEliminar
  3. Eu estiven no outono no Cebreiro cos meus alumnos, de paso que iamos ás Médulas. Aínda que non son comparables ás de Busto, deixo un enlace por se queredes ver máis fotos do lugar:

    http://centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros/galeria/thumbnails.php?album=20&page=1

    E de paso fago propaganda dos meus alumnos, ¡que coño!
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Pensaba que o enlace ía funcionar como enlace.
    Dá igual. As fotos non son boas. Hai ducias de imaxes do Cebreiro en internet moito mellores.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Non sabía o de cebros=burros silvestres. Da gusto poder beber de fontes tan "cristalinas" como o teu blog. É todo un pracer.

    ResponderEliminar