21 de maio de 2008

ARQUITECTURA VIVA

Hoxe 22 de maio na Casa do Concello de Agolada rubricarase o acordo entre a Consellería, a Deputación e o Concello para proceder á restauración íntegra dos Pendellos.
Hai catro anos, neste mesmo mes de maio reunímonos varios amigos para emprender una aventura baixo a denominación de Asociación Amigos dos Pendellos. Coma en calquera aventura pasamos por distintas vicisitudes, bastantes delas felices e tamén por momentos de desesperanza, de rabia e de pesar.
Hoxe pode ser un día de ledicia porque este convenio é un gran paso cara a esa meta soñada: devolverlle a vida e a dignidade a este singular recinto antigo de feira, único, rústico, popular, evocador e con carácter. Un soberbio conxunto etnográfico expoñente da mellor arquitectura comunal, dotado dun pragmatismo e funcionalidade admirables.
Agora que pronto se iniciarán as obras debemos ir pensando en insuflarlle vida a esta arquitectura, pois é a única razón que dá sentido á restauración e que manterá as obras no mellor estado de conservación.
Nas fotos que ilustran esta entrada podemos ver a Mostra de Artesanía de agosto de 2007 e a presenza de público e artesáns nas rúas e expositores dos Pendellos son a mellor expresión de que un uso imaxinativo e práctico destas construcións son a mellor garantía de futuro e dinamismo para este espazo, que repercutirá loxicamente sobre a vila, o concello e a comarca.
Arquitectura de feira rural
pedra labrada, arte popular,
Pendellos que nos legaron
para restaurar, para habitar.

10 comentarios:

  1. Algun dia .......
    (Habera alguen que faga a historia de como foi, do que fixemos, porque e para que....nos xa non estaremos, pero alguen recordara por una vella foto, algo de nos....)
    A lo menos ese e a miña esperanza

    ResponderEliminar
  2. Nin o dudes, Angel. Os pobos son o que lles aportan as suas xentes; e non hai duda de que a aportación que estades facendo para Agolada está tendo xa os seus froitos.
    Parabéns e unha aperta dende este lado do Farelo

    ResponderEliminar
  3. Parabéns e a seguir mantendo vivo o recordo e todo canto sea parte da nosa cultura.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns!
    Hoxe tamén o lin na prensa e sacoume un sorriso. Moitas felicidades por esta xusta recompensa, e desculpa que estes días non che escriba moito, compañeiro.
    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Si, xa vin hoxe a nova no periódico. Parabéns. Bicos

    ResponderEliminar
  6. Podo entendelo e polo tanto disfrutalo.
    Sei da vosa loita, da vosa ilusión por brindar este espazo dos desgarradores e feroces brazos das grúas e da imbecilidade do ser humano.
    Os meus parabéns

    ResponderEliminar
  7. parabéns por ese gran paso dos pendellos cara a unha nova vida: a restauración.
    unha aperta!!
    bea (toxomar)

    ResponderEliminar
  8. Parabéns pola noticia. Realmente admirable o voso labor no medio deste andazo de cemento, ladrillo e aluminio que xermola nas nosas aldeas.

    ResponderEliminar
  9. El pasado Miércoles, 28 de mayo del 20008 la voz de galicia tenia adjunto "Deza - Tabeiros: El crecimiento industrial del interior gallego" entre varios de sus articulos figuraban Lalin, a Estrada... pero me intereso el siguiente titular:
    ---
    "Agolada resucita Os Pendellos"

    El antiguo mercado, uno de los mejores conservados de Galicia, cobrara este año nueva vida gracias a la puesta en marcha de un proceso de rehabilitacion que tiene como objetivo devolver a este magico paraje su antiguo esplendor. Hace unos días representantes de la Dipputacion de Pontevedra, la direccion xeral de Patrimonio y el Concello firmaban en Agolada un convenio para hacer realidad el proyecto en el que se van a invertir 1,2 millones de euros[...]
    ---
    El articulo tambien mencionaba el rico patrimonio natural y etnografico con parajes protegidos como el Sobreiral do Arnego o las Torrentes de Mácara y Ramil... la elaboracion de diversos proyectos como la construccion de un Auditorio, una futura galescola... el desarrollo de Agolada como un importante núcleo agrícola y ganadero, recordando que ya desde el siglo XVIII Os Pendellos acogian diversas celebraciones... y como no mencionar que cada día 12 el actual campo da feira sigue siendo escenario de un importante mercado de ganado...

    Que decir sino es otra cosa que felicidades y que sigais con vuestro trabajo de mantener la cultura.

    Encantado de escribir un comentario en tu blog Busto.

    ResponderEliminar
  10. Lin ese artigo e téñoo recortado, Dark-aureo. Alédame que alguén se fixase nel. Agolada non é lugar excepcional, seino, pero é a miña terra e correspóndeme sentirme orgulloso dela, porque ten algunhas cousas que a diferencian e a singualrizan, verbigracia Os Pendellos e o Sobreiral.
    Saúdos

    ResponderEliminar