4 de maio de 2008

CHEGOU O MOMENTO DE INSCRIBIRSE NA XUNTANZA DE BLOGUEIR@S E AMIG@S DOS PENDELLOS EN AGOLADA.

Directiva e socios de Amigos dos Pendellos sentirémonos enormemente ledos coa presenza d@s blogueir@s que desexen participar nesta Xuntanza que nos honramos en organizar.Temos un programa de actos confirmado (tan só nos falta concretar quen vai disertar sobre a actualidade dos blogs).
Preinscribíronse varias decenas de blogueiros e participantes. E desexamos que sexan bastantes máis. Animámosvos a que vaiades facendo un oco na vosa axenda e decidades acudir a Agolada para compartir unha xornada singular e podérmonos coñecer. Todos os que comunicastes a vosa asistencia e os que aínda non o fixeron, ide facendo o ingreso ou transferencia de 20 € por persoa na conta bancaria da Asociación Amigos dos Pendellos.
BANCO DE SANTANDER
C/ San Pedro de Mezonzo, 3.
Santiago de Compostela
0049 5918 64 2195227733.
No apartado de concepto, expresade o nome do blog (os que o teñan) e o número total de persoas que acudiredes. Conservade o resgardo do ingreso ou transferencia.
Xa vos indicamos que a vosa aportación destínase a pagar o xantar no restaurante Agolada e parte do autobús/autobuses que fletamos para irmos xuntos ata o Sobreiral do Arnego (na foto de arriba), onde realizaremos unha ruta de sendeirismo.
Decidimos que a data tope para inscribirse sexa o 23 de Maio de 2008.
Elaboraremos unha listaxe dos que vaian inscibíndose e publicarémola día a día nun apartado do blog-xuntanza.

6 comentarios:

  1. Pois si que está tod oben organizado. Bicos. Ahh non para de saír oda xuntanza nos xornais.

    ResponderEliminar
  2. Ainda non fixen a transferencia; pero...vémonos nos Pendellos!!!!

    ResponderEliminar
  3. 20€ non, 200€ pagaría por compartir nese espazo un tempo que se me antoxa dourado. Estarei pola comarca do Deza nas víspras do S. Xoán e xa procurarei empaparme da beleza da terra e das sobreiras.
    Unha aperta das de verdade.

    ResponderEliminar
  4. Manolo
    Estamos en marcha.Cada dia irei publicando no Blog da xuntanza os blogueiros do xantar, xa vexo que ti modificastes algun, penso que xa che deste conta de que non os pusen de momento a proposito...
    Por certo, estamos argallando un pequeno agasallo -recordo dos pendellos, para todos os blogueiros que asistan.
    De momento é un pequeno segredo meu.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Eu apuntareime para a semana: osbancos non traballan pola tarde.
    Unha pregunta: polo sobreiral do Arnego pode ir un coche de neno ?.

    ResponderEliminar
  6. Pois eu non irei a xuntanza pero ogallá que sexa un éxito e que o pasedes moi ben.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar