8 de xullo de 2008

EGUA BRANCA

En terras aqualatenses non é frecuente encontrar gando equino. Non abunda como antano cando era un dos medios de transporte máis utilizados. Onte en Aián (As Trabancas) sorprendín a esta besta branca e coqueta mentres pastaba. Ao descubrirme iniciou un movemento en cinco tempos que se corresponden coas cinco fotos que ilustran esta entrada.
1. Descubrimento e pose elegante.
2. Aproximación e recoñecemento.
3.- Volta ao seu e contraluz.
4.- Indiferencia.
5. Despedida.

8 comentarios:

  1. Coma sempre, unhas fotografías marabillosas.

    ResponderEliminar
  2. Fermosas fotos, e esa despedida que o mellor quere dicir: "volve cando queiras".

    ResponderEliminar
  3. As fotos sonche ben xeitosas. Eu confeso que non teño moita sensibilidade de cara aos cabalos, aínda que ver vexo ben deles, sobre todo na Serra da Groba por onde andamos os do voluntariado a vixiar os montes.

    ResponderEliminar
  4. Pois eu penso que cando voltes por Aián (que bonito nome!) vas ter ocasión de fotografiar á egua branca co seu potriño.

    ResponderEliminar
  5. Fermosísimas fotos,a mín os cabalos transmitenme moito respeto e paz,cando era nena ía A Paderne en Vilouzás e cando viñamos de coller herba ou estrume desengachabamos o cabalo(Rubio) e deixábanme montar nel amodiño polo monte,cando nos fixemos amigos xa ía ao trote soíña....
    bico.

    ResponderEliminar
  6. a vida ás veces nos agasalla con intres inesperados que case teñen un aquel de maxia, como o da túa egoa.
    bicos

    ResponderEliminar
  7. Pois por áquí agora hai máis cabalos que fai uns anos, máis que nada porque a xente que xa non ten vacas e non quere deixar a monte os prados úsaos para telos limpos.
    Nos temos un cabalo mouro que se chama Toxo.
    A min sempre me gustaron moito os cabalos e creo que son un dos animáis de maior beleza. A proba está nas túas fotos.

    ResponderEliminar