3 de agosto de 2008

CAMBIO DE CRUCEIRO

Na praza que hai diante do Pazo de Eidián que naceu para ser campo da festa e espazo procesional, alzábase o cruceiro da foto da esquerda ata que un desafortunado automobilista impactou moi recentemente co seu vehículo contra el e deixouno rompido en varios anacos.
No seu lugar alguén ¿? decidiu colocar unha réplica bastante aproximada, fabricada con granito local de calidade igual ou superior.
Pero con todo iso escoiteilles dicir a varios veciños que non lles gusta tanto o novo coma o anterior. A min tampouco. O actual carece da densidade que lle imprime a historia e o sentimento de saber que a antiga cruz presidiu festas, enterros, procesións e moi posiblemente tamén aquel asalto nocturno que sufrira o cantón militar por parte dos facciosos durante as guerras carlistas.
Hai xa bastante tempo alertei aquí neste mesmo blog do perigo de destrución ao que están expostos bastantes cruceiros situados en prazas e cruzamentos de camiños e que carecen dun mínimo valado metálico que os defenda do paso dos vehículos. Falei tamén do cruceiro procesional da parroquia de O Seixo (á que se empeñan en chamarlle O Sexo), que aguantou nunha encrucillada ata a chegada dos tractores.
Na foto inferior vemos o cruceiro de Eidián co palco da festa detrás, mirando fite a fite á fachada principal do Pazo. Por estética e por respecto ao edificio histórico paréceme que este palco-adefesio está de máis xa que agora nas festas as orquestras traen o seu propio palco e ademais existen outros portátiles que cumpren igualmente o cometido. Parroquia e concello deberían poñerse de acordo para derrubalo e devolverlle á praza e ao pazo a antiga fisionomía. E protexer o novo cruceiro e outros que hai espallados polo concello adiante, vebigracia o do campo da festa de Ventosa, o procesional de Brántega... E erguer de novo o de Carderón e o de O Sisto, ambos en Órrea.
E que medre a sensibilidade frente a estes importantes monumentos patrimoniais.

5 comentarios:

  1. si, si, Benvido! ;)

    e q nin punto de comparación!
    o novo mesmo parece de plastilina, ou ata parece feito con molde, en serie!

    E non habería a posibilidade de recuperar o antigo? sejuro que si!
    E por certo, sabes onde foi a parar os anaquiños do antigo? Xa podes ir investigando non vai ser q acabe na horta de aljun con aspiracións a fidalgo! jejej. pero mira que son mala, jeje!

    ResponderEliminar
  2. E DONDE ESTA O ANTIGUO, QUE SEGURO QUE SE PODE RECUPERAR, OU E QUE ALGUN DESAPRENSIVO QUEREO PRA SUA CASA?

    ResponderEliminar
  3. Comprobo que tamén vós sentides inquedanza polos restos do antigo cruceiro. Eu pregunteilles a varios veciños e respondéronme que rompera en anacos moi pequenos e que a propia empresa que colocou o cruceiro actual, procedeu á retirada dos restos do anterior. Conserva a plataforma orixinal e o pedestal, que foi levado ao taller para repicalo e darlle aspecto de recén feito para igualar ao resto do grupo escultórico.
    Grazas polo interese. Nótase que cada vez máis, valoramos estes monumentos por insignificantes que parezan.

    ResponderEliminar
  4. Eu xa lle comentaba a un amigo, nestas minhas pasadas vacacións, que
    botaba en falta algo nesas inmensas rotondas que están a facer na minha terra :-)
    Un cruceiro ou calquer outra obra de arte feita por artistas galegos engalanarían o entorno e axudaría a enriquecer o noso patrimonio cultural.
    Do cruceiro de Eidián chámame a atención que resistise das guerrillas carlistas e non o fixese ante un automobil.
    Unha aperta, meu amigo e xa me contarás como é que xa remataches as vacacións se aínda estamos escomenzando o mes de Santiago, jeje.

    ResponderEliminar