30 de setembro de 2008

ESGRAFIADO ARTÍSTICO

Nese marabilloso vehículo que case non aparece na esquina inferior dereita achegueime hai unha quincena polos arredores da Chousa da Alcandra, terras amigas de Antas de Ulla, aldea de Alvidrón. Detívenme a observar o lugar das raíces do amigo blogueiro, a quen gustosamente lle dedico esta entrada.
A igrexa románica e o cruceiro axiña concentran as olladas de quen chega alí por primeira vez. Da igrexa é o paramento de parede que recollo na imaxe. O encintado é un prodixio de filigrana, consciente ou casual, no que se esconden figuras caprichosas, mitolóxicas, florais, xeométricas, iconográficas... Reparade nas mans, no cáliz, no dinosauro, nas aves, na balea, na foca, no bisonte, na toupa, no golfiño, no ollo de Polifemo...
E todo isto na metade superior, a inferior é máis anódina, quizais dun autor diferente. Velaquí un exemplo das pequenas obras artísticas nas que raras veces reparamos.

10 comentarios:

  1. Pois si que é bonita, gústame moito. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Para que logo vexades o artistas que somos os de Alvidrón!!!
    Estou seguro de que os meus veciños non se decatan, tal como ti dis, dese detalle da sua Igrexa.

    Unha vez mais, amigo Busto, graciñas por tratar con tal maestría a miña terra.
    (Ben cerquiña da Igrexa está, efectivamente, a Chousa da Alcandra)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Pois si.. a igrexa de alvidron é destas cousas bonitas que hai e que a xente non lle presta moita atención. Ese encintado artistico, moi propio desa zona da ulloa (podese ver tamén nos Muiños do Corgo a 1 km de alvidron) é unha marca de identidade que deberia ser asumida nas resturacións e si é posible nas novas construccións.
    Imaxino que tamen te fixarias na figura que hai no lado dereito superior da foto, que creo que os veciños chamanlle "a nugalla" que ten un dedo dunha man na boca e un dedo da outra man metido no cu.
    Eu (Alberto Granja) son un dos propietarios dos muiños do corgo, e a miña familia por parte de nai e de Alvidrón. Os meus bisabós eran os propietarios da casa que hai a veira da igrexa, que en tempos tiña paso privado a capilla.
    Si algún dia queres coñecer os Muiños do Corgo, ponte en contacto conmigo en kg@onaranxo.org.

    ResponderEliminar
  4. É un encintado precioso anque non chego a mirar tódalas figuras que nombrades.

    ResponderEliminar
  5. Alberto Granja cita un motivo da Igrexa de Alvidrón, chamado comunmente como "a nugalla", pero que non se ve na foto de Busto; posto que se trata dun canecillo da planta románica da nave, no seu lado norte (e na foto vese somente un lateral -engadido- da sacristía).
    Efectivamente reproduce unha figura humana en posición semianicada, e que semella ter unha man na boca e a outra no cu.

    [E mira ti por onde observo que os Muiños do Corgo voltaron a mans dun descendente da Casa de Guerra de Alvidrón. Alédame]

    ResponderEliminar
  6. Os Muiños do Corgo nunca mudaron dos descendentes dos Guerra de Alvidrón, o que pasa é que tocoulles por herencia a outra rama da nosa familia, e minha nai e seus irmans mercaronllos a estos xa que os muiños tiñan par eles un alto valor sentimental e estaban caseque en ruinas no ano 82. Fágoche extensiva a invitación a visitalos.

    ResponderEliminar
  7. Pensaba que sí mudaran de dono un tempo. Lembro ese estado no que estaban e sei do seu excelente estado actual. Felicítovos por elo. Ademais seguro que os disfrutades moito. Persoalmente coñézoos ben, xa que de neno acompañaba a meu pai alí a moer e na actualidade gusto de dar unha voltiña de cando en vez por alí. Será todo un pracer visitalos contigo e , de paso, coñecerte (Ademáis -como non podía ser doutro xeito procedendo os dous de Alvidrón- temos parentes en común).

    ResponderEliminar
  8. Aceptada queda a invitación. Non sei exactamente onde quedan e nunca alá cheguei pero si coñezo aos prpietarios e sei que restauraron moi ben os muíños e creo que pertencen á Asociación de Amigos dos Muíños.
    Teremos que fixar data.
    Unha aperta para Alberto e Chousa.

    ResponderEliminar
  9. pois a cousa e sinxela: o dia 31, venres, dia antes da feira de santos eu andarei polos muiños a percura de setas. Ademais amigo busto, ese dia seguramente estará comigo Pepe Factor, o cal coñeces.
    si vos apetece poñedevos en contacto conmigo no 658911492 e falamos. ou se vos é amis doado andademe un correo a kg@onaranxo.org
    sempre é un placer coñecer a xente interesada pola cultura.

    ResponderEliminar