6 de outubro de 2008

818. V RUTA BTT LALIN. ALAMBIKE.

Onte, 5 de outubro, Lalín, Dozón e Rodeiro foron testemuñas da V Ruta en BTT organizada magnificamente polo club alamBIKE de Lalín. Máis de 250 ciclistas percorreron 52 Kms. de camiños, carreiros, corredoiras, regatos, pradeiras e tamén anaquiños de asfalto.
A épica das bicicletas escríbese nas ascensións e nos camiños de vello, estimulados pola contemplación das mellores paisaxes.
Por terra, auga e aire, confírmase o carácter anfibio de ciclistas e bicicletas Todo Terreo.
O traballo de todo un equipo, a colaboración de organismos e empresas e un sinfín de xestións fixeron posible vivir unha espléndida xornada dun dos deportes máis apaixoantes, que nesta ocasión viviu a súa mellor edición. Ata o bo tempo quixo participar.
Desde o avituallamento de Rodeiro, os ciclistas percorreron o Camiño de Inverno e portaron ata a meta satisfacción e esforzo en idénticas proporcións.

5 comentarios:

  1. Pois semella que foi unha actividade ben interesante.
    Eu recoñezo que teño a miña bicicleta un chisco esquecida e cada vez que vexo a alguén pedaleando faime pruido na conciencia. Como todas as cousas, compre volver incluir o hábito e fíxenme un chisco nugallao.

    (Viches o convite de Alberto Granja para que veñas visitar os muiños de O Corgo?. Andívenme ofrecendo e agora tamén estou eu convidado; de modo que xa sabes)

    ResponderEliminar
  2. Eu vin moitos coches con bicicletas pasando por diante do meu edificio, así que xa me imaxino como debeu ser. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. UFFF, que pasada.....¡¡¡¡
    Meus parabens, si señor, para Alambike, Dezarutas, e para ti persoalmente, polo traballo ben feito.
    ¡¡Que envexa¡¡, e eu na cama...
    Claro que me deitara as seis da maña, ca historia do certamen de Bandas en Pontevedra.....Ainda asi non me enterei da cousa, senon ao mellor ata habiame de apuntar...Outra vez será.

    ResponderEliminar
  4. ¿52 Kms? ¿non son moitos Kms?
    Debe de ser o meu mal da insularidade ou de aldeán, coller o coche e facer 70 kms, xa me parecen moitos...
    Envexa, envexa sana pero envexa.
    Apertas, meu amigo.

    ResponderEliminar
  5. Supoño que ti tamén darías algunha pedaladas!

    ResponderEliminar