18 de novembro de 2008

829. ENTREGA DE DIPLOMAS

Reconstruír o pasado recente dunha vila a través de fotografías é unha tarefa necesaria e ilusionante que sempre encontra destinarios receptivos que saben valorar na proporción adecuada as imaxes dese pasado en branco e negro mancado polo paso do tempo.
Aqueles anos do tardofranquismo, enmarcados nunha vida austera sen concesións a ningún tipo de exceso, quedan na memoria dunha infancia que nada sabía de ditaduras e que contemplaba impávido os "affiches" dos 25 anos de Paz.
Neste contexto enmárcase a entrega de diplomas dun dos cursos do PPO con presenza de monitores, autoridades provinciais e locais. No centro, tras o brazo estendido da moza que viste de negro, está o alcalde Licerio Hermida Somoza. O segundo pola dereita é o mestre Ulrico Sarandeses. A moza da esquerda é Mariluz Fernández, veciña de Agolada, filla de Secundino Fernández.

4 comentarios:

  1. Bonitos nomes pra os personaxes dos meus relatos. Recordo o PPO. Apertas

    ResponderEliminar
  2. Eu teño asistido a algunha parecida fai milleiros de anos ;-)
    E tamén lembro o PPO, coma Suso :-)e os cursos da Sección Femenina.
    Imos vellos...

    ResponderEliminar
  3. tamén é unha tarefa xenerosa e fabulosa. Noraboa!

    ResponderEliminar