14 de decembro de 2008

838. AMIGOS DA CASA DAS CIENCIAS EN AGOLADA

Hai xa máis de ano e medio que estiveron de visita en Agolada, invitados por Xosé Luís Castro Blanco. Os Amigos da Casa das Ciencias de A Coruña tamén nos honraron coa súa estadía dun día entre sobreiras e Pendellos.
Son numerosas as excursións e actividades que se levan feito nos últimos anos a prol da reivindicación do patrimonio aqualatense. Desde asociacións, organismos autónomos, a título persoal... Cadaquén tratando de sumar a súa contribución. Onte dicíame o amigo e compañeiro Xosé Méndez Costa dunha nova visita a Agolada cos seus compañeiros de A Estrada, outra leva anunciada máis tempo por parte de Luis de Primo do Cura con compañeiros de Pontevedra, etc.
E o mellor destas visitas é que todos marchan satisfeitos. Encontran atractivos abondo no noso patrimonio e no bucolismo das paisaxes.
Déixovos unhas imaxes daquel día, que os Amigos da Casa das CienciaS teñen colgada na súa web.
A crónica que eles redactaron despois da excursión tédela aquí.

1 comentario:

  1. Pois mira, xa ves Manolo, recordo perfectametne a chamada de Xose Luis, eu andaba na Bici, concretamente diante la Igrexa de Vilariño, cando chamoume para saber si poderia facer de guia esa tarde, para estes amigos da Casa das Ciencias....Como asi foi, e pasamos unha moi boa tarde percorrendo os pendellos e Agolada.
    O que non tiña ni idea era da apariciòn desta cronica, e das fotos,,,por soposto que non teño copias delas, e eso que Elvira Sauquillo Balbuena, e mais eu, seguimos en contacto polo correo electronica de cando en vez.....
    E mira ti que decir que eu lles expliquei con "gracia de andaluz convertido en Galego, e por riba fixome presidente da Asociacion.....Si se entera RAquel....."
    Grazas pola tua informaciòn.
    Xa me pasaràs copias das fotos.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar