20 de xaneiro de 2009

854. AS OBRAS DOS PENDELLOS A BO RITMO

É altamente gratificante ver rexurdir os Pendellos, rescatalos do abandono e revestilos de nobreza.
O domingo pasado xa lucían novas vigas na capela, nesta semana hanse erguer as tesoiras do cume e poida que neste mesmo mes o tellado ampare os muros que levan decenios expostos aos meteoros.
No adro que rodea a capela fixéronse tarefas de escavación, illamento dos muros e drenaxe do recinto.
No edificio do Centro Expositivo das Feiras, unha vez baleirado, xa se acometen obras de consolidación e limpeza de muros. As obras do tellado son inminentes.
Nas obras dos pendellos-comedor houbo que desmontar dúas paredes e volvelas reconstruír (foto de abaixo), o estado orixinal non ofrecía garantías nin presentaba boa factura.

3 comentarios:

  1. ¡¡¡¡ que alegria ver que se fai algo!!!

    Fidel.

    ResponderEliminar
  2. Pois que sigan, ó remate ten que quedar como unha auténtica xolla. Xa poderedes presumir despois de como se fan as cousas.
    Terei que ir un día a velos (alá cara o veran, que agora, buff, xa fai frío aquí, non quero nin pensar o que teredes ahí)

    Un saúdo.

    ResponderEliminar