5 de febreiro de 2009

861. PREMIO GATOARAÑA DE TURISMO

Acabo de recibir a boa nova dun premio que me concede o blog TURISMO DE PONTEVEDRA e que xustifica da seguinte maneira:
GANADOR "LO MEJOR DEL AÑO": Hay un disparo en Gourmet de Provincias, una buena frase que apuntamos en su momento, porque nos pareció que acabaríamos agradeciendo con ella el trabajo y la paciencia de algún blog que enseñase su pueblo y su gente, como un espejo en el que vernos y aprender. Las palabras de Jorge Guitián son el paisaje sobre el que pasa pedaleando Manuel Busto de Aquam Latam, al que queremos darle nuestro más afectuoso agradecimiento por sus hermosos textos y retratos. "Siempre digo que las pequeñas historias locales, el trabajo de esos maestros, profesores y aficionados que hay en todos los pueblos y que se empeñan en recoger documentación, fotografías antiguas, historia oral y recuerdos no está suficientemente valorada. Sin esa historia local no sería posible una historia a gran escala. Tendríamos la historia de los reyes, de las conquistas y de las batallas, pero desconoceríamos la vida de la gente, las preocupaciones cotidianas, la cultura tradicional. Nos faltaría casi todo. No se respeta a los historiadores locales lo que se debería. Algún día nos daremos cuenta de todo lo que se les debe y de cuanto se ha salvado de desaparecer gracias a un trabajo que nadie paga, pocos agradecen y algunos incluso persiguen". Para Agolada va un libro de "Lampreas e Pesqueiras" dedicado por Miguel Piñeiro.
Quédolles sumamente agradecido e desde a humildade recibo esta consideración para min e para Agolada.

13 comentarios:

  1. Alédame moito este recoñecemento que che fan, Manuel. Non solo che direi que é merecido; senón que engadirei que como asíduo do Aquam Latam me sinta un chisquiño premiado tamén.
    Agolada ten en ti un excelente embaixador na rede.

    Unha aperta e xa celebraremos este premio un día destes. Como premiado...tocarache sacar a carteira a ti, claro ;-)

    ResponderEliminar
  2. Viña a dúas cousas: A primeira felicitarte polo premio, merecidísimo, e a segunda decirche que en Cuspe de Pita tes un encargo que non sei se che ha facer moita gracia...Síntete libre de facelo ou non según che apeteza.

    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa. Un premio sempre se agradece aínda que sexa case simbólico.

    ResponderEliminar
  4. Manolo,
    non precisas levar premios para saber que o teu quefacer é un agasallo para os homes e mulleres de Agolada e para os amigos que te seguimos acotío. Así a todo, noraboa, mellora as vértebras e non deixes de apretar con tanta sensibilidade.
    xabier q

    ResponderEliminar
  5. Parabéns polo premio. Como autor da frase en cuestión (non sei se merecía inspirar un premio pero se para iso servíu doume por satisfeito) penso que o blog cumpre con cada unha das características das que nela se fala.

    Jorge Guitián

    ResponderEliminar
  6. Os que nos sentimos premiados cada día ao ler as túas entradas neste blog, alegrámonos deste recoñecemento, sobre todo se iso anímache para que continues dedicándolle o teu tempo e que nos permita seguir coñecendo Agolada, a súa xente e a súa historia.
    Parabéns. Un bico.
    Berta

    ResponderEliminar
  7. Manuel,

    ¡Felicidades! Es un reconocimiento justo por ti gran obra de Aquam Latam.

    Casí cada día veo por tu blog. Galego es muy difícil para mí pero leyendo puedo intenderlo pocito.
    Así puedo saber que pasa en Agolada mas o menos.

    Abrazos desde Holanda,

    Ton van Vliet

    ResponderEliminar
  8. Alédome muitísimo por ese premio merecidísimo !.
    Supoño que será o premio resultado de refrexar no teu blogo con tanta entrega e boas palabras ese amor que mostras pola túa terra.
    Sigue así por Agolada e para alimentar os nosos sentidos e coñecementos.

    ResponderEliminar
  9. parabens, Manolo q ti ben o mereces todo e mais.
    Xosé Ramón B.

    ResponderEliminar
  10. Parabéns, meu. Que non decaia o ánimo no teu insubstituíbel labor.

    ResponderEliminar
  11. Noraboa, Manolo! A estas alturas, todo o que eu quería dicir, xa está dito: concordo totalmente con cada un dos anteriores comentarios. Ben sei que escribes polo pracer de escribir. Para nós é un pracer lerte e seguirte. Esperamos que nos sigas agasallando cos teus traballos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  12. Noraboa polo galardón. Creo que todos os que pasamos pola túa bitácora nos enriquecemos lendo os teus textos escritos nun galego exquisito, e valoramos o teu esforzo por manter viva a nosa intrahistoria e así evitar que a leve o esquecemento.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  13. Os meus parabéns! Aínda que se cadra os parabéns son para nós, aqueles que te disfrutamos no teu blog. Adiante

    ResponderEliminar