22 de marzo de 2009

HORIZONTES DE AGOLADA

Nos últimos meses, un cúmulo de feitos, datos e noticias van perfilando uns horizontes de pesimismo e desánimo sobre este benquerido territorio de Agolada.
Sabiamos do despoboamento alarmante que nos afecta, pero non de que encabezásemos a lista de todos os concellos de Galicia, en termos porcentuais. Perdemos o 28,1% dos habitantes no último decenio, unha cifra alarmante na que nos segue de preto Rodeiro cun 27%.
Outro dato corroborado polos noticieiros locais é referente á feira, que ve mermar as vendas a menos dun terzo no gando de abasto, nos derradeiros quince anos.
O sector industrial esmorece ao compás da crise que nos afecta e ás desgrazas fortuítas: unha fábrica de portas tivo que pechar por mor das débedas e a outra ardeu recentemente por mor dun accidente na caldeira.
O agro ve como desaparecen as explotacións en activo e os poucos que subsisten, resisten a baixada de prezos do leite e da carne. Non se ve relevo xeracional. O sector forestal reséntese e xa case non hai quen compre os piñeiros.
O sector servizos ve desaparecer parte das pequenas tendas que había na capital municipal. Dicíame hai uns días un veciño: "Xa non hai onde comprar un par de zapatos" (antano chegou a haber tres ou catro tendas de zapatos). Este pequeno exemplo pode servir de mostra.
Un concello endebedado ata extremos alarmantes, cuns gastos de funcionamento desproporcionados e unha clase política esclerotizada e acomodada.
Poucas novas hai que nos permitan manter a esperanza. A restauración dos Pendellos é soamente unha pequena candea na inmensa noite. Este blog é unha pinguiña nun océano que quixera servir para paliar a frustración e para prender a chispa do rexurdir responsable, planificado e concienzudo. Por necesidade e por orgullo.
A foto que acompaña esta reflexión ten uns horizontes que miran ao lonxe o Pico Sagro desde a altura do Farelo. Iso é o que nos cómpre: "altura de miras".

7 comentarios:

  1. Buff...como andamos, compañeiro!
    Mentres na terra do desánimo haxa miradas críticas e serias coma as vosas, e voces que o digan, non todo está perdido, aniña a esperanza e a capacidade de medrar.
    O que contas da despoboación...que che vou contar de Santiso!
    Unha aperta...

    ResponderEliminar
  2. SOMOS RODRIGO E ADRIAN DE 2º C TAL VEZ CANDO TEÑA TEMPO SE PASE POR ONDA NOS. http://pradocity-blogspot.com


    ------UN SAUDO---------------------

    ResponderEliminar
  3. Sei do que falas, por quedonde vivo aínda sendo porto de mar,sucede o mesmo. Que podemos facer? Mentras haxa unhacandea, aínda é algo, e é necesario que siga acesa. Apertas

    ResponderEliminar
  4. O teu problema e o nosos, Manolo é que somos uns romànticos recalcitrantes e sen remedio, e non aceptamos que as cousas boas do pasado xa nunca han de volver, porqu enon supuemos conservalas....Xa non hai tempo.

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡Dios bendito que negro se ve todo!!!!

    ResponderEliminar