31 de marzo de 2009

OBRAS SON AMORES ...

Pendello-expositor rematado. Loce un chan de terra compactada con portland.
Sabia solución. Pendello-comedor do Cureixas.

Por min que chova. Pendello-comedor.

" Dádeme un punto de apoio e levantarei o mundo". (Arquímedes). Pendello-comedor.

Fachada encamiñada. Capela das Virtudes. Salón multiusos.

Adro, campo, xardín. O céspede que empeza a abrollar.

Muros inmaculados. Galanura entre pendellos.

Adro pechado con valado pétreo.
A Capela desde o Paseo da Parranda. Pódense mirar aquí algunhas imaxes do seu estado anterior.
As sete primeiras fotos son do sábado pasado, as dúas últimas son de hoxe, feitas coa cámara do móbil. De aí a baixa calidade. Puido máis a sorpresa de ver a Capela aberta á Parranda ca o disgusto de non ter a cámara comigo.
Hoxe vin empezadas as obras no terceiro pendello-comedor.
Estas obras son motivo de ledicia e de esperanza. Cómpre non desandar nin un paso e conquerir a completa recuperación do antigo recinto. Doutro xeito, tería menos sentido.

14 comentarios:

  1. pendello, é algo despectivo, pero ahora PENDELLOS é outra cousa...

    ResponderEliminar
  2. Pois que sigan as obras que está a coller boa pinta.

    O que non me chista tanto é a capela das Virtudes, a pedra non pega nada coa dos pendellos. E como demasiado moderna, non sei.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Pendellos en maiúscula “Pendellos”, só fai referencia aos de Agolada, o significado nin se pode atopar nun dicionario nin nas gramáticas, hai que buscalo no corazón da xente e nos sentimentos dos que alí estiveron, para nese gran supermercado do tempo mercar e vender o pan do día, que hoxe é o pan da lembranza, do cariño e do recordo daqueles que tantos traballos pasaron e tanto sufriron para que nós hoxe puidésemos existir, por iso debemos conservar e respectar profundamente os seus vestixios.
    Con cariño desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  4. Que ganas tes de velo todo acabado, jeje.
    Mais ao pendello-comedor aínda lle falta o tellado, non si?... de aí, ese pé de foto un pouco irónico :-)

    ResponderEliminar
  5. .......e NON BOAS RAZÓNS".
    Non me canso de dicirche outra vez: Parabens a tí polo teu traballo e a tódolos Amigos dos Pendellos.
    O voso traballo consiguirá que sempre nos sintamos orgullosos de ser aqualatenses.
    O dito adiante... e ánimo.

    ResponderEliminar
  6. Entón xa pronto rematarán e poderemos gozar deles. Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. Cando rematen einos de ir ver.

    ResponderEliminar
  8. Son días tristes para a Universidade de Santiago cesaron cinco vicerreitores nacionalistas e os seus asesores e sabe Zeus…
    O día 12 estou de aniversario, fai 40 anos que fun invitado a ir a Agolada, si no 1969, durmín na casa dun amigo e os seus pais invitáronme ao polbo na feira, que por certo era tamén día festivo e polo tanto feira de Ano, logo toquei a miña guitarra na veira do río arrimado a u Carballo sen follas e a noite a bailar a sala de festas onde coñecín a xuventude daquel tempo, desde ese día quedei prendado e prendido daquela xente e desa terra, escoite por un peso, na traga perras da música, a Charanga de Juán Pardo e coido que “Busca un amor para a túa vida de Fórmula V”, e outras que sei o son pero non recordo o título nin o autor; tamén está a facer corenta anos que estou na USC, corenta non son nada, senón xa o veredes cando pasen outros corenta.
    Saúdos desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  9. Quedo intrigado pola identidade deste cmentarista que me visita desde o Pico Sagro e desde a USC. Gustaríame saber se nos coñecemos, que poida que si. Grazas polas visitas e pola túa voz.
    Igualemte grazas a todos os demais.

    ResponderEliminar
  10. Grazas a ti polo teu loable traballo en favor da túa terra; non me coñeces, xa nos coñeceremos, eu vou tódolos anos varias veces a Agolada gústame lembrar tempos pasados, cando vaia, eiche invitar a café avisareite. Nunca estudei galego só toco de oídas desculpade as miñas faltas blogueiros de Acuam latam.
    Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar
  11. A cousa vai tomando forma. E, polo que nos amosas e polo que eu visitei fugazamente..., semella que vai ben.
    Xa imaxino a festa que faredes!!!

    ResponderEliminar
  12. UNha cousa: que opinas Busto da pintura das paredes laterais da capela. Eran asó orixinalmente?

    ResponderEliminar
  13. ola,
    primeiro, parabens polo blog
    a verdade estiven buscando un acceso a contactos pero non o atopei, asi que escribo aqui, neste oco.
    causoume moi boa impresión atopar un blog sobre o concello do meu pai, nacido na Aian,con este tipo de contido.
    xustamente este pasado 12 de abril estivemos comendo o pulpo na feira, pola miña parte despois de anos sen ir.
    a verdade encheume de ledicia comprobar que se están recuperando os pendellos, xa era hora.
    por outra banda, visitando a aldea o que me encheu de tristura foi ver efectivamente como o despoboamento está indo a máis.
    por eso fan faia iniciativas que chamen a atención sobre a sociedade e realidade galega neste senso
    pola miña parte invítovos a visar a páxina web montedaestrela.org que persegue a recuperación do patrimonio cultural de Arteixo.
    concello totalmente oposto a Golada pero cun punto en comun a necesidade de sacar do olvido a sua riqueza patrimonial
    apertas
    e de novo parebens
    animo

    ResponderEliminar