17 de abril de 2009

BAGAD TRÉGUIER DA BRETAÑA FRANCESA E O CEIP AGOLADA VISITAN OS PENDELLOS

O grupo francés Bagad Tréguier de música tradicional da Bretaña chega á praza do Concello cun pasacalles pola Rúa Nova.
A tenente-alcalde, Margarita Varela dálles a benvida no salón de plenos do Concello.
Foto oficial do grupo bretón con membros de Bico da Balouta, os anfitrións deste intercambio.
Actuación nos cruzamentos das rúas Maior e Constitución (cerne de Agolada), antigo cruzamento dos camiños medievais que procedían das pontes de Vilariño e Pedroso.
Os alumnos e profesores do CEIP Agolada escoitan a interpretación do grupo francés.
Acollidos baixo os Pendellos mentres se lles explican as características e historia do antigo mercado feiral.
Os nenos enchen de algarabía e de vida as canellas dos Pendellos.
No Paseo da Parranda reciben explicacións das obras presentes e futuras da restauración dos Pendellos.

5 comentarios:

  1. Iso creo que vin algo no xornal pero xa non me lembro

    ResponderEliminar
  2. A INTERNACIONALIDADE N´AGOLADA.
    Somos dunha localidade pequena, quizais insignificante dada a nosa porcentaxe na poboación mundial, máis somos quen de relacionarmonos cun mundo que culturalmente é o noso. Ahí a nosa universalidade.
    Sinto non poder esta estes dias por ahí. Asuntos de vital importancia para a miña vida profesional impiden que eu estea na miña localidade. Sintoo de verdade.

    ResponderEliminar
  3. Concordo con Xosé Ramón Blanco na idea de que o realmente importante é a capacidade para interrelacionarse co mundo que nos rodea.
    Parabéns a Bico da Balouta por esta nova iniciativa e -por extensión- a tod@s @s aqualatenses.

    Apertas dende a Chousa

    ResponderEliminar
  4. Moi ben feito. A min os intercambios son unhas das cousas que me gustan. O malo é que non me atrae moito Francia.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Na comarca do Ulla a Parranda consistía un grupo de pandereteiras tocando en coro e preto unha gaita, unha requinta da Ulla, un bombo e un tamboríl. Faime graza o paseo da Parranda porque estou a ver o que vin de neno aínda que hoxe teño que imaxinarme o pasado. Grazas por poñer na túa web estes acontecementos culturais moi importantes para ese pobo, alégrome que os bretóns sexan máis humildes que fai anos cando miraban de esguello e certo desprezo aos franceses o Sur e xa non digamos aos de tralos Pirineos.
    Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar