22 de abril de 2009

ESTADO DE ÁNIMO

Nunca imaxinei que actualizar e manter viva esta páxina pasase por tantas vicisitudes. Escribir este diario é máis ca un traballo unha ilusión e un estado de ánimo. Ultimamente non ando moi ben deste último. As costas maltreitas de contracturas e lumbalxias resultan incompatibles cos poucos minutos que resisto diante do ordenador e iso mérmame o ánimo e as utopías. Iso e as varias ocupacións profesonais que ultimamente me esixen máis atención fixéronme diminuír o ritmo de entradas e a extensión das disertacións. Mes e pico sen subir á bicicleta estiñaron a fonte de imaxes de que se nutre abondosamente este blog. É como se houbese crise tamén na blogosfera de Agolada. Coidarei de lle poñer remedio.
Velaí unha imaxe da semana pasada co pendello-comedor do Sarandeses en estado de obras avanzadas. Dous obreiros afánanse para lle colocar o chan granítico de lousa serrada. Os tubos de cobre agatuñan verticalmente polas paredes para instalar a electricidade, nunha nova modalidade de conduto. Trabes, pontóns e doelas pronto han de recibir o tratamento axeitado para mellor lucir. Este pendello é , dos tres restaurados, o que mellor vai respectar a estrutura orixinal, coa excepción dos niveis do chan.
Que nos vexamos pronto dentro deles cunha cunca de tinto na man e unha tallada de polbo na outra. E que aproveite.

6 comentarios:

  1. Gracias Manoliño, no tes que disculparte, xa fas mais do que outros facemos, que non facemos nada, solo criticar...

    Curate, e xa Dios dirá.

    Fidel.

    ResponderEliminar
  2. Cóidame moito ese lombo, que hai tempo, espazo e tema para escribir. Que as letras fluen máis e mellor cando o ánimo está libre de doenzas.

    Quédome coas dúas últimas liñas da entrada. Que nese menester nos vexamos e que nos aproveite!!

    ResponderEliminar
  3. Amigo de imaxe descoñecida e de pluma ben coñecida polo bo manexo e encariñamento coa a túa terra, miña tamén, non peches esta fiestra por onde moitos mirarmos e non todos comentamos, así que, coida os cadrís que é un mal abondoso no mundo pero cun manifesto máis pronunciado en terras húmidas como a Nosa. Nunca deixes morrer unha ilusión que sen darte conta un morre un pouco tamén, ven é verdade que as ilusións hai que regalas tódalas mañás, coas esencias como desexar o ben para todos e facer o mellor posibles a tarefa que cada quen ten diante, eu dentro dun intre vou a participar nunha video-conferencia, que non me gusta nada, por iso antes de ir quixen axexar por esa ventá, e vin algo novo e ilusionoume, pero ánimo e loita que o mundo é dos encariñados con el. Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar
  4. Que millore ese estado de ánimo, que é moi importante para todo. E tamén que milloren esas costas, para seguir mostrándonos o teu pobo. Se non fora por iso, eu non o coñecería.

    Para cando é o polbo e o viño?

    ResponderEliminar
  5. E todo vai... menos o teu lombiño. Cóidate.

    Non che me convencen nada eses tubos de cobre nas paredes. Paréceme que iso é mellorable, que se pode disimular o cableado (imprescindible) meténdoo con un certo aquel polo teito e partes altas das paredes.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  6. Con todo o que para ler no teu blogue dificilmente pode ter crises por no publicar.

    Cuidate

    ResponderEliminar