12 de abril de 2009

PENDELLOS COMEDOR

Unha tarefa ilusionante que me animou desde a creación da asociación Amigos dos Pendellos foi a da recuperación de todas as imaxes que fose posible do antigo mercado de Agolada. A que encabeza esta entrada corresponde a un fotograma dun documental gravado pola TVE-Galicia en 1976, pouco antes de que fosen derrubados os dous pendellos-comedor que aparecen á dereita e ao fondo. Son o Pendello do Blanco e o Pendello do Souto, que estaban no comezo do Paseo da Parranda. Eran os primitivos restaurantes da feira. No recinto de Agolada chegou a haber dez. Deles aínda nos quedan sete, algúns con alteracións. Nestes momentos estanse a restaurar tres para devolverlles uso e actividade.

1 comentario:

  1. Os trobadores do arte nunca morren e son o xermolo dos presentes e futuros amantes dos recovecos das pedras e penedas , capaces de interpretar os sons do tempo, musicais de lembraza e recoñecemento das xeneración que pasaron e mimaron o seu mundo de onte e hoxe, que teñen que loitar para que sempre exista unha memoria de historia viva nas xeracións futuras. Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar