29 de maio de 2009

OS PENDELLOS DE SARRIA (LUGO)

No pasado mes de xaneiro fun ex-porfeso visitar os pendellos de Sarria (Lugo). Posuía referencias da súa existencia e das intencións do concello de Sarria de restauralos.
Están a carón das máis actuais instalacións do mercado de gando.
Básicamente queda unha longa rinleira de pendellos-expositores e algunhas casetas almacén. Todo bastante deteriorado.
Na actualidade úsanos para comer o polbo. Actúan como pequenos restaurantes nos que mesmo se pode comer o polbo como o churrasco. E perderon o seu orixinario uso como postos de exposición e venda.
Sen necesidade de moitas pescudas, advírtese que sufriu a depredación urbanística da segunda merade do século XX. Pero os que quedan son testemuñas suficientes dun vigoroso pasado feiral.

4 comentarios:

  1. Moita depredación urbanística fíxose nesa época, agora é máis probable que se restauren parte das nosas xoias que estaban abandoadas, pero o mal xa esta feito. Algunhas son irrecuperables.

    ResponderEliminar
  2. Hoxe fai un ano da I Xuntaza de Blogueiros en Agolada. Foi un día entrañable no que me sentín afortunado ao coñecer a Chousa dá Alcandra, Ao pe do Farelo, Xosi, Cuspedepita, Bagoas Insomnes,... e a tantos outros blogueiros. Ao rememorar ese día o meu agradecemento polo entusiasmo e esforzo de todos aqueles que nos acollestes con tanto agarimo. Á espera da proxima Xuntanza....
    Unha aperta
    Cuco de Pambre

    ResponderEliminar
  3. E logo facer o roteiro dos Pendellos das feiras de Galicia. Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar