9.6.09

2009. CENTENARIO DO DESAPARECIDO CONVENTO DE PRIORADA (MELIDE)

Tal día coma hoxe (6 de xuño ) colocouse a primeira pedra do Convento Pasionista de Priorada (Melide) que levaría o nome de "A Nosa Señora das Dores". Na tarde do día 5 de outubro do ano 1968 cheguei ao Convento, e corenta anos despois paréceme que foi onte cando crucei coa miña pequena maleta o patio onde tanto xogamos.
En data tan sinalada o meu recordo agarimoso e agradecido ao P. Jorge, P. Rosendo, P. Odilo, P. Rogelio, P. Jesús Lizarraga, P. Ramón María, P. Florentino, H. Antonio, H. Eugenio, H. Manuel, Sra. Mercedes ( a cociñeira), Sr. Manuel (que coidaba o Caserío), Sra. Flora e Sr. Genaro (pais de Finita e Toñito e que tiñan a tenda fronte ao Convento), e a todas aquelas persoas e compañeiros que tanto me axudaron e cos que compartín un tempo feliz.
Co desexo de que o "ANO DO CENTENARIO" nos permita vernos para celebralo.
Un aperta.
Julio López Regueiro
Hai dous días recibín este correo do entrañable amigo e compañeiro de estudos Xulio López Regueiro (rodeado cun círculo na foto do medio). Ten unha parte de lembranza nostálxica e unha promesa de conmemoración centenaria (neste ano 2009). O vello edificio foi demolido, pero permanece impecable nos nosos recordos, onde Xulio e eu nos coñecemos e trabamos boa amizade. Hoxe únenos aquel pasado e outras moitas afeccións e dedicacións. Sempre lle agradecerei o entusiasmo con que se fixo socio de "Amigos dos Pendellos" e a paixón que amosa por esta terra de adopción.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

De certo que se trababan amizades ben profundas, prodigadas sobre todo pola ausencia e lonxanía da familia(poucos km facían falla daquela para xerar distancias). Estou seguro que aqueles anos marcaron especialmente á nosa xeneración (ainda que alevín, permítaseme esta licencia).

Mira que cuco se ve a Don Julio nesa foto!!

Anónimo dijo...

O convento foi un elemento evanxelizador e culturizador de comarca de Melide, moita xente logrou unha formación humanística que non tería de non estaren os Pasionistas en Melide; non dubido en que ese pobo tan agradecido saiba render unha homenaxe aos Pasionistas senón neste ano será no futuro. Desde o Pico Sacro