SONETO A SANGUIÑEDO (DOZÓN)
outrora poboadas de carballos,
amigas de solpores e de orballos,
cobizosas de lentura e xeadas.
Sanguiñedo nas mornas luaradas
das seituras labregas, dos traballos
nos confíns de Pontide e de Puxallos,
onde as estrelas dormen apagadas.
Cabo de ti cheguei en primavera,
candro medran as árbores vizosas,
na procura da túa alma sincera.
Na tona das túas augas saudosas,
relembrei mil paisaxes que esquecera,
en Cardueiro polas chairas fermosas.
Sanguiñedo é unha parroquia de Dozón que goza dunha privilexiada natureza, entalada actualmente entre a autovía Lalín-Ourense e a vía do AVE. Do paraíso que foi conserva aínda a esencia. En 1992 pasei o día naquelas paraxes e volvín repetidas veces. Aínda sinto a súa atracción.
amigas de solpores e de orballos,
cobizosas de lentura e xeadas.
Sanguiñedo nas mornas luaradas
das seituras labregas, dos traballos
nos confíns de Pontide e de Puxallos,
onde as estrelas dormen apagadas.
Cabo de ti cheguei en primavera,
candro medran as árbores vizosas,
na procura da túa alma sincera.
Na tona das túas augas saudosas,
relembrei mil paisaxes que esquecera,
en Cardueiro polas chairas fermosas.
5 comentarios:
Fermosas imaxes e fermosas palabras, Manolo.
Teño familia en Sanguiñedo. Ai, se meu tío Juan vise esta entrada! Vai camiño dos oitenta anos, alí naceu e alí segue vivindo. Para el, Sanguiñedo, si que é un auténtico paraíso. Estou segura!
Grazas por nos acercares estas paisaxes, tan cerca e tan esquecidas ás veces.
Apertas de verán.
Versos sentidos e fermosas fotos
Ademais dos fermosos versos,interesantes fotos:
se vos fixades, na primeira delas, a media altura polo borde esquerdo apréciase claramente unha desas rozas circulares que fan os extraterrestres coas súas naves ou os amantes do land-art :)
Saúdos
Suso
Neste caso sobran as palabras porque xa as puxeches ti, as imaxes tamén, a min so me toca imaxinar os sons dunha paraxe fermosa.
Mi padre nació en sanguiñedo, yo he pasado vacaciones allí, con mi abuela y mi tío. Hace muchos años que ya no voy por allí, pero me gustaría hacerlo. Me ha hecho especial ilusión que salseando en internet me haya encontrado con esta entrada. El verso muy bonito.
Gracias.
Ana da Silva
Publicar un comentario en la entrada