4 de agosto de 2009

ARCO DA VELLA SOBRE AGOLADA

O verán desertou deste país no pasado mes de xullo. Agosto non principia moito mellor. É certo que pouco partido lle puidemos tirar á calor pero alomenos deixounos un arco da vella pousado nas retinas. Que agosto se vista coas luces deste fermoso fragmento de arco iris.

7 comentarios:

  1. Vense dous arcos da vella :-)
    Temos un agosto moi primaveral ;-)

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Fermoso arco do trono ( como din por Arbo ).
    É unha foto que me queda pendente.

    ResponderEliminar
  3. Sempre son fermosas este tipo de fotos, eu teño algunha pero non cun arco tan nítido como este.
    Vaia agosto...

    ResponderEliminar
  4. É fermosa a foto, algo máis de sol non viña mal, pero aínda é preferible un verán mollado que ver ader a nosa terra. Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  5. Teño eu unha foto ben semellante a esa que amosas. Pero eu tomeina en plena primaveira dende a miña fiestra.

    ResponderEliminar
  6. Algo bon tiña que ter este verán tan raro.
    Fermosa foto.

    ResponderEliminar
  7. Eu creo que é o mesmo arco que teño eu en "unha" foto.
    A verdade é que non é unha, senon varias (unhas 8) sacadas co movil e arrexuntadas no photoshop.
    A foto esta sacada dende Goias dirección a vosa terra.
    Así que creo que é o mesmo.
    Miraa ti mesmo: http://i602.photobucket.com/albums/tt109/poza_2504/VariasfotosGoiascopia.jpg

    Saudos

    ResponderEliminar