O verán desertou deste país no pasado mes de xullo. Agosto non principia moito mellor. É certo que pouco partido lle puidemos tirar á calor pero alomenos deixounos un arco da vella pousado nas retinas. Que agosto se vista coas luces deste fermoso fragmento de arco iris.
Vense dous arcos da vella :-)
ResponderEliminarTemos un agosto moi primaveral ;-)
Bicos
Fermoso arco do trono ( como din por Arbo ).
ResponderEliminarÉ unha foto que me queda pendente.
Sempre son fermosas este tipo de fotos, eu teño algunha pero non cun arco tan nítido como este.
ResponderEliminarVaia agosto...
É fermosa a foto, algo máis de sol non viña mal, pero aínda é preferible un verán mollado que ver ader a nosa terra. Desde o Pico Sacro.
ResponderEliminarTeño eu unha foto ben semellante a esa que amosas. Pero eu tomeina en plena primaveira dende a miña fiestra.
ResponderEliminarAlgo bon tiña que ter este verán tan raro.
ResponderEliminarFermosa foto.
Eu creo que é o mesmo arco que teño eu en "unha" foto.
ResponderEliminarA verdade é que non é unha, senon varias (unhas 8) sacadas co movil e arrexuntadas no photoshop.
A foto esta sacada dende Goias dirección a vosa terra.
Así que creo que é o mesmo.
Miraa ti mesmo: http://i602.photobucket.com/albums/tt109/poza_2504/VariasfotosGoiascopia.jpg
Saudos