25 de agosto de 2009

PENDELLOS-COMEDOR RESTAURADOS

O pasado día 12, feira e coa Mostra de Artesanía no seu apoxeo, o Concello quixo estrear un pendello-comedor cun ágape para corenta persoas no antigo pendello do Sarandeses. Con mobiliario e cociña improvisados. E estivo ben. O público desde a porta preguntaba aos camareiros se se podía comer no seu interior. De ser posible, estes afirmaban que se enchería rapidamente.
Nunha entrada bastante recente, recibín un comentario que aludía a que esta restauración adultera a idea dos pendellos primitivos. Eu considéroa moi digna, conservando a esencia arquitectónica e mellorándoa no posible para habitarmos os Pendellos do século XXI. Quizais o máis importante que aprendín desde que a Asociación Amigos dos Pendellos empezou a andar foi que todo o que se restaure debe ser usado sen importar que este uso coincida co primixenio. Hai exemplos ben elocuentes. En Galicia temos varios mosteiros que deixaron de ser lugares de ora et labora e son hoxe hoteis-monumento (San Clodio, San Vicente do Pino, Santo Estevo de Ribas de Sil, Aciveiro...). E mereceu a pena, dá gusto ver os edificios recuperados para un uso aberto ao público. De todos os usos posibles os que ofrecen mellores garantías son aqueles aos que se lles pode tirar un proveito económico, en segundo rango estarían os usos culturais, servizos públicos, administración, etc.

5 comentarios:

  1. Vense magníficos.
    Sexa cal sexa o uso, estou convencido de que o traballo feito pagou a pena. Xa podedes estar ben orgullosos.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. O importante é conservar os monumentos, utilícense ou non, é a nosa historia e hai que coidala, se conservamos o pasado e nel nos recreamos entenderemos mellor o presente, logo pasado será tamén para os que veñan. Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar
  3. O que pasa é que hai restauracións e restauracións... A de San Vicente do Pino non é un bo exemplo: porta prerrománica destruída, pinturas de Castinande destruidas, escaleira fermosísima tronzada para meter o ascensor...
    Pódense ver as fotos aquí (http://sosmuralla.iespana.es/). Agora o Parador luce bonito, pero a quen coñecemos o edificio de antes dánnos ganas de chorar. En fin, se en lugar de facer esta desfeita unha gran empresa con axudas das administracións (axudas que precisamente recibe para conservar o Patrimonio) a fai un paisano sen querer (como arar unha mámoa) cáelle o pelo. Hai que dar novos usos ós edificios históricos, pero con xeito.
    Noraboa pola web e polo traballo.
    Asoc. Cultural O COLADO DO VENTO.

    ResponderEliminar
  4. Eta divinos e un traballo muy ben feito e si se usan muito mellor

    ResponderEliminar
  5. Eta divinos e un traballo muy ben feito e si se usan muito mellor

    ResponderEliminar