1 de setembro de 2009

LUME DE AGOSTO

Onte, 31 de agosto, presenciei o primeiro incendio deste ano. Houbo algún máis, pero non me cadrou de velos. De todos xeitos pódese afirmar que este verán de nubes impediu un novo desastre nos bosques de Galicia. A imaxe desta entrada tomeina hai tres anos doutro incendio que presenciara desde Pena Maior (un pico que se destaca na paisaxe sobranceando as panorámicas). O incendio de onte foi case na mesma zona, entre o Val do Boi e os montes da Rocha.
Quédanos por ver se setembro cumpre co refrán: "En setembro ou arden os montes ou leva as pontes". Mellor sería que seguise o camiño con que se estreou hoxe, un día agradable de sol e algunhas nubes e temperaturas agradables.
A natureza recibe agresións a esgalla. Unhas son facilmente perceptibles. Na imaxe observamos unha canteira no monte de Cadrón. No decurso destes anos a trabada na montaña aumentou considerablemente e mesmo naceu unha nova canteira.
Incendios, canteiras... que máis?

3 comentarios:

  1. Home, na loita contra os incendios, algo estase a facer, pero dame a min que se non houbo máis foi grazas ó tempo que fixo, que senón...

    E tes razón, entr incendios e canteiras están a acabar cos montes. Non te imaxinas na zona de Porriño como levan liquidado unha montaña completa.
    En fin, que o tempo acompañe que hai moitto pirómano que aínda non fixo o seu agosto (esperemos que non o faga).

    ResponderEliminar
  2. vivo en Argentina mi padre era de Fiais (quiroga) y miña nai era do Porriño, quiza o meu galego non sea muy bon,pero me gusta falar enn o idioma da mias raices.no n2001 me enterei que o poblo do meu pai, habia ¿sido desvastado por o fogo. non llo perdono a quen lo fixo, porque non sabe que matou a miñas raices mar_guita fotolog

    ResponderEliminar
  3. Otra vez , la noticia que el fuego se devoro, los bosques cerca do Alto do Boy, barriendo con su voracidad, todo lo bonito que tiene esa zona, a veces son accidentales por el exceso de calor, otra veces son por imprudencia, pero mas me duele cuando son intencionales, como parece haber sido el caso de Fiais,omo hay el color azul francia , galicia deberia lllamaarse verde Glicia.

    ResponderEliminar