17 de setembro de 2009

RODAXE DE "MAR LIBRE" NOS PENDELLOS

A imaxe de arriba está tomada de Faro de Vigo onde podedes ampliar información.
Novamente, Os Pendellos volven converterse nun plató de rodaxe. As produtoras xa se aconsellan mutuamente sobre onde están os mellores exteriores. Esta é a quinta rodaxe que se leva a cabo neste espazo.
Quero destacar unhas frases recollidas da prensa: "Este recinto feiral foi elixido como ambientación debido á inexistencia de contaminación acústica ou visual do entorno" (Aínda podía ter ben menos elementos discordantes, confirmo eu)
O xefe de produción, Toni Veiga, dixo:"É importante encontrar este tipo de espazos á hora de rodar proxectos ambientados en épocas históricas".
Información de A Voz de Galicia.

Xosé Manuel Olveira "Pico", que participara na curtametraxe "A Boa Caligrafía" tamén con escenas rodadas nos Pendellos, volve a repetir. Aquí aparece con outros actores e figurantes dentro da Casa-Museo, convertida para a ocasión en vestiario improvisado.

2 comentarios:

  1. Que sorte tedes. A película gaña moito con ese espazo, e os pendellos tamén, pois supoño que por uns días imaxínaste como foron no pasado.

    Isto é o bo das restauracións, que se lle saque proveito e dun xeito adecuado.

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. E que o lugar préstase, sin duda algunha.
    Que saiban os localizadores de exteriores tamén que pola Alcandra temos espazos magníficos tamén para complementar o recinto excelente dos pendellos de Agolada.

    Apertas

    ResponderEliminar