16 de setembro de 2009

STOP

O compañeiro e amigo Toño Rodríguez envioume hai uns días esta foto feita nas inmediacións de Lalín. Cando menos chamoulle a atención este sinal en lugar tan inusitado. A min tamén. O que me suxire a imaxe son varias preguntas: Que motivo leva a un particular a chantar un sinal de tráfico no seu campo ou prado, nun lugar ben visible? Pode catalogarse como feísmo? A trapallada é unha característica inherente á idiosincrasia galega?
E querendo xogar cos posibles significados, se os tivese, poderiamos adiviñar na foto unha metáfora que tenta dicir STOP (dito de 100 maneiras) á desfeita do rural galego? Eis a cuestión...

4 comentarios:

  1. Hai xente para todo. Se, como dis, é unha forma de dicir basta á desfeita do rural, escomenza ben o elemento.

    Non terá un bar a 100 m. por aí arriba??

    Curioso

    ResponderEliminar
  2. Cecais puxo o sinal para as topias. Eu tiven unha etapa que me escarallaban o xardín.
    Claro que non sei eu se terían ido á escola para aprender a ler...

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. Pois esa sinal sei eu ben donde está.
    Está xusto na entrada do prado que usa a asociación tarabela para as actividades que fan fora.
    No final de este vídeo de unha das actividades podes ver a sinal.
    http://www.youtube.com/watch?v=Jz3JzKXgJrU&NR=1

    Saúdos.

    ResponderEliminar