2 de outubro de 2009

HÓRREOS CON ESCENAS DE CAZA

Afeitos estamos a observar pináculos barrocos e cruces nos remates dos hórreos. Son elementos tradicionais e clásicos. Por iso calquera outro tipo de remate sempre sorprende.
En tres concellos (Lalín, Rodeiro e Agolada) recollín imaxes doutros tantos hórreos que presentan como singularidade escenas de caza. En todos eles aparece un cazador apuntando a unha ave.
As dúas primeiras fotos corresponden a un hórreo de O Castelo (Lalín), obra de Manuel do Campo, canteiro de A Costa (Ferreiroa). Data do ano 1953.
Este segundo hórreo está situado na aldea de Vistuíde (Rodeiro). Presenta a figura dun tosco cazador armado cunha rudimentaria escopeta e apunta a unha ave pousada na base do remate enfrontado.
A última imaxe corresponde ao hórreo da casa de Vitouro en A Lagoa (Vilariño - Agolada). É obra do mesmo canteiro que o do hórreo de O Castelo. Aquí o cazador, con correaxes e viseira ten un aspecto pseudomilitar. Apunta a unha ave decapitada. E non foi polos seus disparos. Mais ben foron os rapaces da aldea que dunha certeira pedrada deixaron á perdiz con aspecto de ourizo cacho.
Parafraseando a Castelao, podería concluír: Reparade nos hórreos e descubriredes moitos segredos.

5 comentarios:

  1. Pois si que son curiosos e ben fermosos. Cando poida hei dir toamr unhas fotos a un pazo en Portugal, na entrada ten uns cazadores moi parecidos ó do primeiro horreo.

    Xa estou de volta, despóis de tanto follón.

    ResponderEliminar
  2. gustame este blog,visitareino de vez en cando para coller ideas.
    deixo o meu blog tamen.
    http://pedrinaslalin.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  3. Di que si, amigo Busto. Nos hórreos hai escrita unha boa parte da nosa cultura e do noso arte popular. Coidalos e mantelos non é somente unha necesidade: é unha obriga.

    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Fermosos hórreos, sen dúbida, son pequenas igrexas dos tempos da fame, onde logo de se acabaren as espigas, con agarimo, alí se poñían os últimos xamóns e chourizos apretugados polo frío e o fume do inverno, onde cada lisca era sacada con reverencia e aproveito dun óso esfameado, óso que logo faría un cocido no outono enavizado; pero sen esquecer a nosa cultura culinaria. Dese o Pico Sacro

    ResponderEliminar