En tres concellos (Lalín, Rodeiro e Agolada) recollín imaxes doutros tantos hórreos que presentan como singularidade escenas de caza. En todos eles aparece un cazador apuntando a unha ave.
As dúas primeiras fotos corresponden a un hórreo de O Castelo (Lalín), obra de Magín de Moimenta, axudado por Xosé Crespo. Data do ano 1937.
Este segundo hórreo está situado na aldea de Vistuíde (Rodeiro). Presenta a figura dun tosco cazador armado cunha rudimentaria escopeta e apunta a unha ave pousada na base do remate enfrontado.
A última imaxe corresponde ao hórreo da casa de Vitouro en A Lagoa (Vilariño - Agolada). É obra do canteiro Manuel do Campo, da Costa - Ferreiroa. Aquí o cazador, con correaxes e viseira ten un aspecto pseudomilitar. Apunta a unha ave decapitada. E non foi polos seus disparos. Mais ben foron os rapaces da aldea que dunha certeira pedrada deixaron á perdiz con aspecto de ourizo cacho.
Non deixan de ser curiosos.
ResponderEliminarPois si que son curiosos e ben fermosos. Cando poida hei dir toamr unhas fotos a un pazo en Portugal, na entrada ten uns cazadores moi parecidos ó do primeiro horreo.
ResponderEliminarXa estou de volta, despóis de tanto follón.
gustame este blog,visitareino de vez en cando para coller ideas.
ResponderEliminardeixo o meu blog tamen.
http://pedrinaslalin.blogspot.com/
Di que si, amigo Busto. Nos hórreos hai escrita unha boa parte da nosa cultura e do noso arte popular. Coidalos e mantelos non é somente unha necesidade: é unha obriga.
ResponderEliminarApertas
Fermosos hórreos, sen dúbida, son pequenas igrexas dos tempos da fame, onde logo de se acabaren as espigas, con agarimo, alí se poñían os últimos xamóns e chourizos apretugados polo frío e o fume do inverno, onde cada lisca era sacada con reverencia e aproveito dun óso esfameado, óso que logo faría un cocido no outono enavizado; pero sen esquecer a nosa cultura culinaria. Dese o Pico Sacro
ResponderEliminar