23 de outubro de 2009

OS PENDELLOS, CERNE DE AGOLADA

O pasado día 14 de outubro, o xornal "A Voz de Galicia" publicou un artigo nas páxinas locais que nos sastifixo a aqueles que traballamos a prol da revitalización de Agolada.

Agolada recupera la vieja conexión mercado-población
La Feira do 12, el mercadillo y la oferta cultural de Os Pendellos mostraron salidas al declive.

Mes a mes y año a año el gran agente socioeconómico y cultural de Agolada, su Feira do 12 muestra su declive. Nadie puede parar el cambio agrosocial, las variaciones en los sistemas de comercialización ni que la cría de ganado pase a la comercialización directa, ser para autoconsumo o, sencillamente, a no existir. Esa realidad siendo grave no era el peor efecto. Era la base de otros efectos socioculturales que inciden directamente en todo el municipio de Agolada y de modo específico en su capital. A menor mercado, menos movimiento económico, menos gente menos interconexión personal... El impacto es muy fuerte y lleva al municipio a diluirse, si no aparecen alternativas. Solo queda recordar. Recuperar la memoria de lo que fueron las feiras do 12, y lo que suponía eso para Agolada.
Hace algún tiempo que se va produciendo sensibilidad en esta línea. Personas y colectivos, activistas culturales clarividentes y amantes de Agolada reivindican Os Pendellos, reivindican el movimiento social, reivindican un pueblo vivo y con historia. Poco a poco las administraciones se van enganchando. Poco a poco se van dando pasos y van renaciendo pendellos en contraste con el languidecer del mercado.
Sensibilidad
Recuperar pendellos no es el objetivo, es un camino hacia revivir un pueblo. No es volver al mercado tradicional, al pasado. Es poner la historia al servicio de la población, actualizando sus contenidos, que tampoco son tan distantes.
La confluencia del desplome de la vieja feria y el renacer de Os Pendellos parece haber llegado a mostrar caminos para dar salida al declive local. Parece que se alumbra otra vez la vieja conexión del mercado con la población en general.
La última Feira do 12, día festivo, reunió exactamente una vaca (atípicamente con ternero), 115 becerros cebados (de los que dieron gloria a esta feria y según cuentan los entendidos ofrecían el lunes elevada calidad), 58 cerdos, 13 ovinos y 4 caprinos. Para entender el cambio de los tiempos el lunes solo salió un ternero hacia el mercado asturiano cuando antes lo hacían por decenas y decenas.
También el día 12 hubo mercadillo en festivo y con gran oferta y respuesta de visitantes. Feria y mercadillo se complementan y el segundo viene dando al pueblo conexión ferial los días 12, interactuando ambos.

Pueblo vivo
Pero el fin de semana en Agolada tenía un elemento más. Seis salas de Os Pendellos recogían la muestra Wily na memoria . Se produjo la confluencia histórica, la conexión mercado-población, economía-cultura, rural-urbano, aproximación de oferta cultural a espacio alejado de circuitos, becerro-queso-escultura-disco-prenda... y población. El ganadero, el artista, el ama de casa, el vecino circulando del mercado al puesto de venta, de este al museo, al bar, al deambular, confluyendo todo y mostrando un pueblo vivo. Mostrando un camino que marca vías de escape al declive.
Como señaló una observadora que captó esa conexión, la feria del lunes dejó «sensaciones» de que queda esperanza. O, por pasiva, por lo visto, es la vía «contra a deserción e o desamor incontinente», que escribía ayer Xosé Vázquez Pintor, ese valor estable que tiene siempre Agolada.
As imaxes anteriores corresponden á feira do gando, ao mercadiño da Praza do Concello e á Mostra de Artesanía do 12 de agosto. Desde esa data Os Pendellos enchéronse de actividade e de vida. Moitos aqualatenses sentimos que o rexurdir deste espazo pode ser un revulsivo importante na dinamización da vila.

Imaxes nocturnas da XIII Mostra de Artesanía nos Pendellos.
Cea de torresmos e pan de millo (seica medieval).
Imaxes da Noite das Candeas, celebrada o 29 de agosto.
Compoñentes de Bico da Balouta, acompañados pola pandeireta de Salomé López Ramos, amiga santiaguesa que traballa en Barcelona e que sabe do relente da noite aqualatense entre pendellos.
A Banda da Casa do Antón vestiu a noite de música e amizade.
Nos albores de setembro a Capela das Virtudes acolleu a voda de dous conveciños. Un edificio civil para unha voda civil. Quero amosarvos como luciu o espazo.

Polas mesmas datas comezaba o casting para a rodaxe da miniserie Mar Libre.

Escenas nocturnas da segunda xornada de rodaxe. Inma, Edelmira e David, veciños de Agolada, entre os figurantes.
Vaia cantina máis chula esta dos Pendellos! Ata lles gusta aos soldados franceses!
O 10 de outubro o Concello de Agolada, 60 amigos artistas e os amigos de Agolada rendémoslle unha homenaxe ao entrañable amigo Antonio Taboada Ferradás "Wyli" (desaparecido prematuramente hai tres anos). A súa obra presidiu a Capela. Nas outras salas, as dos ammigos artistas.
Un pendello-comedor acolleu o ágape co que o concello honrou aos artistas presentes.
Alocución do alcalde, Ramiro Varela, en presenza da familia de Wylli, artistas, amigos, etc.
Na mesma xornada e no mesmo espazo comezaba con este acto a X edición da Xuntanza Xeracional de aqualatenses.
Diversas obras que colgaron nas distintas salas de Os Pendellos.

Nos últimos días, despois dunha sinxela xestión conseguimos esta impagable imaxe de Os Pendellos, tomada por D. Vicente Risco a finais de 1920 ou principios de 1930. (Pertence ao arquivo Galiza da Fundación Vicente Risco de Allariz, Ourense).
Quero agradecerlle desde esta páxina a D. Luís Martínez-Risco Daviña a súa xentileza e dilixencia por este agasallo valiosisímo e pola oferta dunha exposición sobre "A arquitectura sen arquitectos".
Na foto vemos o Paseo da Parranda engalanado con cinco carballos. Eu só recordo o da dereita. En documentación existente na casa de Sarandeses en Ferreiroa pódese constatar que o escribano D. Ramón Barrio de Losada mandara plantar 64 carballos na campa da Feira.
Á dereita da imaxe en primeiro termo vemos un mostrador de pedra do que ninguén garda memoria. Agora rescatamos ese pasado grazas a esta imaxe, na que se evidencia a rusticidade dos pendellos, todo o seu romanticismo, a maxestade da arquitectura sen arquitectos, toda a plasticidade do lugar que foi quen de engaiolar ao retratista e tamén pon en evidencia a quen se lle ocorreu derrubalos para abrir unha rúa anódina e innecesaria.

5 comentarios:

  1. Despois desto, amigo Busto, so me queda...aplaudir.

    Parabéns

    ResponderEliminar
  2. Un pobo nunca morre mentres nel hai xente que pon a alma e o corazón a súa disposición neste caso Agolada xa o ten, ánimo, haberá menos xatos, menos mercadorías pero haberá máis lembranza, máis nostalxia, máis representatividade da historia dun pobo que poderá mirarse asi mesmo, verse sempre no presente con retratos do pasado, pero terá o espírito de sempre. Desde O Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  3. Miro que seguen ben vivos os pendellos. Noraboa !.

    ResponderEliminar
  4. bo resumo da actividade nosa pendellos nos últimos meses! parabens. tere traspenas

    ResponderEliminar
  5. Ola Busto! graciñas pola foto. Xa lle podes dicir a Bico da Balouta que estou en pleno cursiño intensivo de pandeireta, así que vaian ensayando para ó ano que ven ;-)Salomé

    ResponderEliminar