18 de novembro de 2009

AGOLADA NO GOOGLE STREET VIEW

Existe un dito popularizado e vulgarizado xa polo uso que di que o que non está en Internet é coma se non existise. Xa digo, é un dito. Nunca máis lonxe da realidade. Os lugares existiron moito antes que a Rede. E non figurar na Rede non é unha desgraza, só unha circunstancia. Pero dito isto, non vou negar que é agradable ver como as novas tecnoloxías recollen aqueles espazos que amas e polos que traballas.
Ese gran imperio virtual de Google acordouse de incluír a viliña de Agolada, non pola vila senón porque a historia situouna nunha encrucillada de camiños e estradas de paso frecuentado. Agora, desde o ordenador de moitos fogares podemos aparecer en moitos lugares do mundo, entre eles tamén pasar polas estradas N-640 (Vegadeo - Pontevedra) e PO-840 (Betanzos - Agolada).
As imaxes recollen o cruzamento das dúas vías e a entrada dunha rúa na Praza do Concello.

Nas dúas imaxes de abaixo a confluencia da Rúa Nova coa Avenida do Concello (N-640), e a rúa do Colexio coa mesma vía.

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Alguén me enviou o link do G.S.V. no que salía xusto a entrada da miña canteira. Quedei abraiado. Din un paseo virtual por Antas sin moverme da miña casa. E incluso vin algún dos meus veciños (coa cara desenfocada) mirando cara a "máquina" que fixo esa virguería.
    O progreso non deixa de sorprendernos. Ogallá sempre fose para cousas así de xeniais, útiles e boas.

    Unha aperta dende este lado do Farelo

    ResponderEliminar