28 de novembro de 2009

CRUCEIROS ULLOÁNS. ESCOLA DE CANTEIROS

Antas de Ulla e Agolada son terras colindantes, da alta Ulloa, onde o Ulla transcorre abeirado por centenarias carballeiras e veigas fértiles. Son dous concellos veciños que comparten problemas como a despoboación e o avellentamento da poboación e un territorio semellante en fermosura das paisaxes e riqueza patrimonial. Como exemplo, os cruceiros dos que hoxe aquí falamos. Certamente hai semellanzas entre estes seis cruceiros dos concellos de Antas de Ulla e Agolada que fan pensar na mesma autoría ou nunha tendencia (escola) de canteiros coñecidos ou quizais compañeiros de traballo. O capitel esferoidal estriado con cíngulo central, unha iconografía rudimentaria, aplanada e con formas manieristas ou infantiloides, o fuste octogonal, un pedestal cúbico de considerables proporcións e a presenza de basamento. Tamén existen diferenzas e particularidades en cada un deles, probablemente porque sexan de autoría diferente ou para singularizalos, no suposto de que sexan do mesmo autor. CRUCEIROS DE ANTAS DE ULLA (fotos obtidas no blog A Ulloa en fotos). Cruceiro no camiño Santa Mariña - Frádegas.

Cruceiro procesional de Alvidrón.

CRUCEIROS DE AGOLADA

Cruceiro do cemiterio de Friufe (Merlín).

Cruceiro do adro da igrexa de Santa Comba.

Cruceiro de Vilanova (Borraxeiros).

Cruceiro no camiño que vai desde Couso á Pena da Virxe (santuario desaparecido preto do Picolongo).

Este último, sen iconografía, presenta igualmente capitel esferoidal, fuste octogonal e pedestal cúbico.

6 comentarios:

  1. Excelente recopilación de cruceiros con ese nexo de unión. Agora A Ulloa en Fotos xa os ten todos xuntiños para poder continuar esa profundización que lle caracteriza.

    (Como comprenderás, a min éncheseme o peito co de Alvidrón).

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. (Non sei cal é o motivo nin a razón pola cal en algunhas ocasións Blogger cómeme parte do meu nome. E agora decátome que tampouco redirecciona ó meu perfil na Chousa. A ver se desta vai).

    ResponderEliminar
  3. Ei, moi ben!

    Agora hai que engadir o cruceiro de Borraxeiros na listaxe

    Se marcamos nun mapa Santa Comba, Merlín, Borraxeiros, Vilasante e Alvidrón a conexión é evidente, aínda que Alvidrón sega aí nunha beira do mapa.

    Do de Borraxeiros chámame a atención a melena do Cristo e é unha mágoa que no se vexa ven a Virxe. Estaría moi ben saber de que data é, ¿tes forma de sabelo?

    Voltarei a poñerme co iso de falar co cura de Alvidrón, a ver se me deixa ver o famoso libro de fábrica.

    Moitas grazas por non facerte de rogar e facer a entrada.

    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Por certo, aínda que o da bola con imaxes enriba é moi escaso nos cruceiros galegos, non o é tanto o nos cruceiros que so teñen a cruz se engadirlle outras iconografías. Polo xeral, ese cruceiro sen imaxes pero con bola, forman parte dos Via Crucis ou dos Calvarios

    ResponderEliminar
  5. pois a min a bola ésa chamoume a atención enseguidiña!

    encantoume ver eses cruceiros en particular, (desa bisbarra non coñezo nadiña, a pesares de ter nacido bastante cerca). vou ir agora ó blog da ulloa en fotos a ver máis cruceiros, logho.
    vexo que é unha pasión que vos une

    ResponderEliminar
  6. ah, e que a min eses rasgos infantiles dos cristos e as virxes pareceme un valor engadido.

    ResponderEliminar