5 de novembro de 2009

FIADEIRAS DE ZOBRA


Deza, cine galego
Este grupo cinematográfico naceu en 1976 da man de Daniel González Alén. O seu obxectivo era facer un cine comarcal para a bisbarra do Deza. En total levan producidas unha ducia de películas. Conseguiron algúns premios no Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía. Realizaron un importante labor de difusión proxectando as súas películas en máis de trescentas vilas e lugares de Galicia. Os compoñentes do grupo son: Daniel González Alén (productor, guionista e director), Xesús González (cámara e son) e Farruco Sixto, Carlos Taboada, María Teresa Castro, Celso González, María Xosé Fondevila, Emilio Trabazo e Aurora García (colaboradores e actores). Filmografía (todas en Super 8):
- Camba e Dozón (1976), O consello de Compadre (1977), O Santuario de Faro (1977),Antroido en Brandariz (1978), Loita (1978), Lalín (1978), O campo galego (1979), Cantigas de emigración (1980), Fiadeiras de Zobra (1981), O aparato (1982).
Todos estes documentais forman parte da historia recente e porén gozan dun incalculable valor etnográfico. Hoxe ofrézovos a ligazón do titulado Fiadeiras de Zobra, aldea de Lalín, situada nas abas da Serra do Candán. Parece que o tempo non pasou por Santa María de Zobra. Película documental arredor dos labores de cultivo, a elaboración do liño e o rico folklore que perdura nun dos últimos redutos que se conservan en Galicia e que levan camiño de perderse.
Na miña aldea, Carmoega, a cultura do liño pervive na memoria dos vellos e na microtoponimia (O Batán, Os Liñares...) Vendo as imaxes de Zobra podemos recuperar a memoria daqueles tempos idos que non por pobres están exentos de nobreza e orgullo de comunidade con que se participaba na vida da aldea.

5 comentarios:

  1. A primeira vez que eu asistín a unha proxección cinematográfica foi en Alvidrón (Antas de Ulla).
    O local foi o garaxe da casa do cura. Non lembro a temática da cinta; pero sí me acordo de Don Ramón sentado na primeira liña.
    Non podo evitar lembrar, sempre que paso por diante do alpendre, de que ben puido ter sido un Cine de alto standing...

    ResponderEliminar
  2. Quedei marabillado por este documental, a verdade é unha xoia da nosa historia da nosa terra, é motivo de reflexión, cando o temos todo e non nos conformamos con nada. Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  3. Parece mentira que hai tan pouco tempo fose así a vida.
    Gustoume o vídeo.

    ResponderEliminar
  4. Ola Manolo,
    Podes por do documental de Camba e Dozón????.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. emocionoume ver os carros como os da miña bisbarra,
    ver labrando co arado de pau,
    a grade,
    a maneira de facer os monllos, e de cargalos...
    o modo de vistir as mulleres...

    e despois xa todo o relacionado co lino, que eu non o vivín, pero oíno contar.

    ResponderEliminar