7 de novembro de 2009

MEME DO LIBRO GALEGO

Apúntome algo tarde ao meme do libro galego, invitado expresamente por Pai de Leo e implícitamente desde A Chousa da Alcandra.
Tratándose dun libro galego e dun escritor preferentemente da zona, eu tíñao ben fácil. O amigo e compañeiro Xosé Vázquez Pintor era o escollido. Ninguén coma el enxalzou esta terra na súa obra literaria. Primeiro pensei en ofertar "Para dicir abril", novela galardoada o ano pasado co premio Vicente Risco, pero a actualidade da presentación de "Terra do Medio", fai esta última máis apropiada.
Precisamente onte foi presentada no Museo de Lalín (na imaxe pequena, recollida de Faro de Vigo).
Velaquí a noticia recolida por Faro de Vigo e por A Voz de Galicia.
O sorteo do libro farase o vindeiro día 30 de novembro entre os lectores que deixen nesta entrada un comentario. En canto á segunda parte do meme, difundilo entre cinco blogueiros máis, deixo ao albedrío de quen queira sumarse.
Tamén vos deixo aquí un vídeo de Xosé Vázquez Pintor cando fora entrevistado no programa LIBRO ABERTO da TVG a propósito da publicación de "Para dicir abril". http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_tvg/LIBRO_ABERTO_20080331.asx

10 comentarios:

  1. Pois eu non vou ser menos e tamén pido número!

    ResponderEliminar
  2. Aínda recordo cando era pequecha e ía con meu bistio algúns días 12, acompañalo ao pendello onde vendía o viño! Os teus comentarios fanme volver a aqueles tempos,que rocordo moi felices.
    Grazas polo teu blog e poder recordar a través de fotografías e conseguintes comentarios as terras da miña infancia e xuventude.

    ResponderEliminar
  3. Creo que non lin nada del. Así que esta sería unha boa ocasión para "fincarlle o dente". Apúntome ao sorteo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  5. Pois tamén solicito número!!

    E convido a quen queira que se pase pola miña casa recoller o seu.

    Lembrade que o sorteo é o 30 de novembro!!

    ResponderEliminar
  6. Pois is mo permites anótome o sorteo, e invitoche a que pases por paxaradas para participar no meu, inda que eu sorteo un libro infantil. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  7. Un número a cabalo entre Santiago e Barcelona para esta filla de Cuco de Pambre.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  8. Os números asignados para o sorteo son:
    Paideleo ...........1
    Chousa .............2
    Raposo..............3
    Arnego..............4
    Paidovento..........5
    Manuel Rodrigues ...6
    An .................7
    Goretti.............8
    Queda pechada a lista e mañá irán 8números ao bombo. Exercerá de man inocente Fátima Busto.

    ResponderEliminar