16 de xaneiro de 2010

CORPORACIÓN MUNICIPAL E FUNCIONARIOS MUNICIPAIS


Do álbum de José García Piñeiro (nº 12 na foto) reproduzo esta fotografía na que figura unha Corporación Municipal de Agolada (quizais de finais dos anos 50 do pasado século) co alcalde José Otero Fernández (nº 8) en posición central do grupo. Espero que cos comentarios dos lectores aqualatenses desta páxina poidamos obter máis información ao respecto da corporación que aparece na imaxe.
Entre os edís apunto os que recoñezo. Gustaríame completar o puzzle coa vosa axuda.
Nº 1
Nº 2 Manuel García Vázquez (Civil de Ventosa).
Nº 3 Jesús, de Castro (Santa Comba)
Nº 4 Paco do Ferraduras, de Ramil
Nº 5 Eduardo Otero Fernández
Nº 6 José Abeledo Agra, de Velpellós
Nº 7 Manuel Galego Iglesias (Órrea)
Nº 9 José Oro (A Baíña)
Nº 10 Licerio Hermida Somoza, de As Trabancas. Sucedeu na alcaldía a José Otero.
Nº 11 Adolfo Sarandeses (Laxe-Ventosa).
Nº 12 José Ramón García Piñeiro (Funcionario da Cámara Agraria)
Nº 13 Wenceslao Sarandeses, de Borraxeiros. (Funcionario).
Nº 14
Nº 15 Segundo Abeledo Vilariño (Funcionario).

2 comentarios:

  1. TITO, TOTO, JONY, SON IGUALES OS PAIS.

    FIDEL.

    ResponderEliminar
  2. Manolo, o nº 5 ¿non é Eduardo de Outeiro?

    ResponderEliminar