19 de febreiro de 2010

CAPRICHOS DA XEADA

A mañá do pasado domingo amenceu xélida e gris. A sensación de frío acrecentouse na beira do Rego da Xara. Pero este contratempo viuse recompensado por varios motivos: un o xa sinalado na entrada anterior; outro, polas fermosas imaxes que a xeada tecera na beira do regato.
Como estalagmitas de vidro emerxían sobre a lama figuras caprichosas de frío cristal para competir en beleza e atractivo coa paisaxe circundante.
Unha misteriosa man glaciar curvábase sobre unha imaxinaria frauta de pau e lama.
Dúas fermosas ás de swarovski axitábanse sobre a corrente, colgadas de lianas de silva que penduraban dos bidueiros da ribeira.
Pólas de salgueiro caramelizadas de Bohemia, deitadas a carón do torrente.

5 comentarios:

  1. Que fermosas imaxes, supoño que vale a pena pasar un pouco de frío para contemplar esas xeadas. Aquí tamén xea moito pero nunca vin tales caprichos ou non me decatei.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Para que despois digan os nosos maiores que agora non hai "caramelos da xeada" coma antes...

    Supoño que irías cos pés ben abrigados nesa incursión. En todo caso paga a pena pola fermosura que captaches e que nos agasallas.

    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Si que fai frío estes días e non dá subido a temperatura.
    Gustoume a man tocando a flauta, aparte do salgueiro de Bohemis polo que me toca,claro.
    Tranquilo polos comentarios. Este mundo non é como quixeramos e hai que apandar coque nos toca.

    ResponderEliminar
  4. Grazas por compartir estas imaxes tan frías e aínda máis fermosas, coido que xa facía anos que non tiñamos un inverno tan fresco, posiblemente sexa bo para arrufiar algunhas mentes quentes, e tamén para as árbores de carabuña que lle corta o ciclo biolóxico facéndoos máis longuevos tamén a nós posiblemente nos faga máis resistentes e ogallá máis longuevos para seguir vendo estas marabillas da natureza.
    Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar