16 de maio de 2010

MIL OLLADAS NOS PENDELLOS

En España no hay menos de cincuenta o cien mil lugares interesantes. Una lista de mil lugares que vale la pena visitar es necesariamente incompleta, soy consciente de ello. Por eso he intentado que mi censo fuera lo más equilibrado posible, que incluyera los lugares esenciales de España para un aficionado al arte, al paisaje, a los museos, a la gastronomía, a los lugares insólitos o misteriosos, a la historia, al exotismo, a las fiestas, a la arqueología...
Este libro es, por lo tanto, una macedonia de sitios interesantes en la que he procurado incluir los variados gustos de los españoles. Estoy seguro de que todos los lugares que este libro incluye nos dejarán un recuerdo agradable o por lo menos inolvidable. (Juan Eslava Galán).
Hai un mes, Gonzalo Barrio informábame de que neste libro (1.000 Sitios que ver en España al menos una vez en la vida) de Juan Eslava Galán, aparecían citados os Pendellos de Agolada.
Foi este mesmo sábado, nunha librería de A Coruña, cando lle puiden botar unha ollada ao libro e tamén tirarlle unha foto (desenfocada) co móbil á páxina onde se cita o Mercado Popular de Agolada. No texto salienta Juan Eslava a arquitectura e a singularidade deste antigo mercado e cita de paso as excelencias do Sobreiral, beiras do río Arnego.
Por descontado que é moito de agradecer que dos inxentes lugares interesantes que existen en España, se destaquen Os Pendellos entre os mil que deixaron pegada neste escritor.
Vaia como aviso para navegantes ofuscados que sempre lles negaron valor e importancia aos Pendellos. E vaia como reconforto para todos os que souberon albiscar desde as ruínas as potencialidades deste recinto, para o que aínda cómpren máis ideas e xente de compromiso.

1 comentario:

  1. Ti xa sabías do valor dos pendellos e este libro non deixa de insistir niso.
    Estas novas sempre dan azos para seguir coa recuperación dese espazo único.

    ResponderEliminar