29 de xaneiro de 2011

AS TORRENTES DO ULLA E O CASTELO DE PAMBRE

O extremo nororiental do concello de Agolada goza de atractivos de moito interese. É a zona que corresponde ás parroquias de Basadre e Ramil, ribeireñas do Ulla. O mapa de arriba corresponde a esa zona. Tres provincias definen aquí un vértice, sinalado no mapa cun asterisco vermello. O río Pambre conflúe co Ulla e tribútalle un tesouro líquido inmaculado. Agolada limita por esta parte cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla, na provincia de Lugo e co concello de Santiso na provincia de A Coruña.
A actualidade da compra do castelo de Pambre por parte da Xunta de Galicia, motiva esta entrada para mostrar a alegría que este feito nos produce. Porque a Galicia interior necesita revulsivos de todo tipo. Este é un máis, pero ben significado polo seu interese histórico, arquitectónico, patrimonial e turístico. Pambre, pola súa importancia e proximidade co concello de Agolada, debe figurar como destino prioritario en calquera visita que se organice desde a vila dos Pendellos.
O castelo é unha mole impresionante, asentada nun outeiro con claras defensas naturais. Pervive e sobrevive aos tempos, aos temporais e ao abandono. Veñen de rescatalo para o patrimonio público. Agora o vento ten que soprar imparable ata a súa completa restauración e posta en uso. Este patrimonio sempre debe ter un uso de interese xeral (hostaleiro, museístico, sede dalgún organismo oficial, etc.).
A zona na que se enmarca a fortaleza do medievo conta tamén con outros lugares de interese nas proximidades: o balneario de Sambreixo a dous quilómetros, as Torrentes do Ulla (imaxe de abaixo), a Eira da Xoana en Ramil (aldea verde, aula do mundo rural), o románico de Ramil, o castro de Remonde, o muíño das Canizas, os pazos da Ulloa, os pazos de Eidián e Borraxeiros...
Para ilustrar esta entrada empreguei imaxes alleas: o mapa está tirado do SIGPAC, a segunda foime cedida por Cuco de Pambre (que avoga por Pambre desde Santiago), a terceira tomeina de A Ulloa en fotos (foto obtida desde o castro de Remonde). A última si é da miña autoría.
Tres quilómetros de fervenzas e rochas para crear unha das máis espectaculares paisaxes fluviais.

3 comentarios:

  1. Efectivamente estamos de noraboa co castelo de Pambre público.
    Había que concretar co Cuco ese asado de torrezmos para celebralo!!!

    Apertas de Antas

    ResponderEliminar
  2. Hola Busto, son Ale García.
    Gracias por pendurar a fotografía no teu magnífico blog. Mais a imaxe non foi tomada no Ulla senón no Arnego, preto da Ponte Vilariño, uns 200 mt. augas arriba da central hidroeléctrica, de feito ao fondo apréciase o encoro.

    Un saudo

    ResponderEliminar
  3. Your photos are amazing. I loved it.
    I like the water photo.

    Thanks for sharing this to us.


    Seattle Real Estate | Alaska Fishing Lodge

    ResponderEliminar