23 de maio de 2011

A ASOCIACIÓN MONTE DA ESTRELA DE ARTEIXO VISITA AGOLADA

O 21 de maio, a asociación cultural Monte da Estrela de Arteixo (A Coruña) visitou o concello de Agolada, nunha ruta que se inscribe no seu ciclo de actividades e saídas por diferentes lugares de interese de Galicia.

Carmoega coas súas sobreiras e o andar pousado do Arnego foron escenario para unha camiñada matutina que estimulase os sentidos.




Coñeceron tamén o impresionante foxo do castro da Devesa (Carmoega).

En Eidián souberon do antigo cantón realista, hoxe pazo de turismo rural.

Xantar campestre na Eira da Xoana de Ramil.

O Ulla cos seus torrentes, sempre espectaculares.

E os Pendellos...

Verónica Blanco Magariños, presidenta de Monte da Estrela, e o seu pai José Blanco foron o nexo fundamental que achegaron Agolada a Arteixo nesa andadura sempre gratificante de descubrir os valores patrimoniais e paisaxísticos que aniñan nos múltiples recantos da xeografía esquecida que agarda.

2 comentarios:

  1. A segunda foto fíxome lembrar aquela magnífica xornada que foi a Xuntanza de Blogueir@s en Agolada. Xuraría que precisamente ó pe desa mesma sobreira fixemos unha foto do grupo. Vaise facer famosa (a sobreira).

    Apertas de Antas

    ResponderEliminar
  2. Amigos do Montedaestrela23:01:00 CET do 27 de maio de 2011

    Foi unha xornada magnífica, estaremos sempre en débeda con Manuel Busto Galego, por compartir con nos a súa terra que tan ben sabe difundir e respetar, a través do seu coñecemento. Grazas!!!

    ResponderEliminar