6 de xuño de 2011

A INICIATIVA PRIVADA NOS PENDELLOS

Casa-vivenda do Ouro de Couso de Abaixo (a planta baixa foi taberna de feira):
Pasaron máis de sete anos desde que a Asociación Amigos dos Pendellos iniciara unha xeira que agora está a dar proveitosos froitos. Aquel movemento social supuxo a reivindicación definitiva para o conxunto etnográfico do máis singular espazo de feira tradicional de Galicia. Aquela demanda conqueriu espertar do letargo ás administracións, abriu ollos e estimulou tamén a varios particulares que teñen as súas construción no interior ou no entorno dos Pendellos. Varias casas vivenda, que foron espazo de feira na planta térrea, casetas-almacén, casetas de dous andares fóronse incorporando á restauración. A suma destas obras axuda a darlle corpo ao recinto e revaloriza o uso dos pendellos como espazo para habitar. Hai casas, apartamentos moi imaxinativos e coidados, perfectamente equipados, merendeiros para comer o polbo, garaxes. Usos, novos usos para estes pendellos do século XXI, a mellor solución para que non esmorezan e non se perdan na ruína á que parecían encamiñados.
Casa-vivenda de Blanco de Couso de Arriba (antes e agora). Foi peraltada e incorporou un pendello desaparecido que había na traseira do edificio:
Casa- vivenda de Licerio de As Trabancas, aínda en restauración. Apunta boas maneiras e case completa o lavado de cara do Paseo da Parranda:
Apartamento Cabanelas, na praza do Concello, restaurado con moita sensibilidade, gusto e imaxinación:
Caseta Pimentel de Ventosa, unha das primeiras en ser habilitadas para comer o polbo nas feiras:
Outra caseta de dous andares que vén de ser gobernada recentemente:
Pendello de Teolindo de Ventosa: Propietario e invitados degustando o polbo no momento de inaugurar este magnífico apartamento. (Imaxe tomada de Terras de Camba e Ventosa).

Caseta de dous andares de Salvador de Artoño:

Perfectamente equipado, calefacción de leña incluída Banco corrido adosado á parede e aproveitado como adega.
Escaleira de orixe nórdica con intelixente solución para permitir unha maior inclinación e por tanto unha menor invasión de espazo.
Caseta Piedra: excelente merendeiro para degustar o polbo á feira.












Pendellos de Paciños de Carmoega, que miran á casa do concello, na praza, están a ser restaurados para seren usados.

Garaxes:
Véxase a sensibilidade que se demostra na substitución da porta metálica do seguinte pendello, por outra de castiñeiro, semellante ás empregadas nas obras de restauración dos pendellos-comedor.
Todas estas construcións, coa excepción da caseta Pimentel, foron restauradas nos últimos anos seguindo a estela marcada pola resurrección iniciada pola Consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra.

3 comentarios:

  1. Que fermoso, a pedra remozada e a madeira ben traballada, a este paso Agolada vaise a converter nun ben de interese cultural, vai a ser a Santillana do Mar de Galicia; alédome moito do bo facer desa xente que xa admirei de novo.
    Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  2. Moi boa e completa reportaxe. Da gusto ver como van mellorando os pendellos. espero disfrutalos de novo dentro de 2 meses na feira da artesania. sáudos. Tere de traspenas

    ResponderEliminar