27 de marzo de 2012

A TVG GRAVA EN AGOLADA O PROGRAMA "ALALÁ" CON BICO DA BALOUTA

O pasado sábado a TVG emitiu o programa "Alalá" gravado en Agolada en xullo de 2011 para cumprimentar ao grupo aqualatense BICO DA BALOUTA. Traxectoria e ideais do grupo e o denominador común de todos os seus compoñentes: amor e dedicación por estas terras. Un innegable sentimento telúrico, o carácter que imprime a pedra convertida en pendello humilde e transcendente, un grupo humano que camiña unido para aledar coa festa da súa música. Cantos de taberna, voces que acugulan gorxas de ledicia na vila e nas aldeas...
Se mo permitides quixera citar aos irmáns Blanco Iglesias, que me lembraron ao grupo Mocedades, nunha particular versión local. E que me gustaron as palabras de Raúl Galego e que lles estou agradecido aos gaiteiros de Bico da Balouta pola sempre desinterada colaboración, polo común sentimento de amor e reivindicación de Agolada e por terme invitado a participar neste programa.


1 comentario:

  1. Hola Manolo!! Que tal todo? Son unha antigua alumna tua do Colexio de Dumbria.. non sei se te lembras... temos unha paxina no facebook de exalumnos do centro e recordando nomes acordeime de ti, de Modesto...etc. un saudo grande..

    ResponderEliminar