18 de abril de 2012

ABELARDO DE BERREDO NAS HEMEROTECAS



Sen dúbida, foi un personaxe singular na Galicia central da segunda metade do século XX. Nesta páxina volvo lembralo con agarimo e traio este recorte de prensa de 1978 onde podemos reler a entrevista que daquelas lle fixeran desde A Voz de Galicia (o recorte  facilitoumo Rubén Rodríguez de Lalín).

1 comentario:

  1. Lembro perfectamente a Abelardo e as preguntas de complicadísimo cálculo que lle facíamos, non sin certa sorna e chirigota infantil.
    Nunha ocasión convidouno Don Benedicto (o noso mestre) a entrar na escola, e tratouno con tanto respecto e cortesía, que dende aquel día sempre o mirei con outros ollos.

    Apertas de Antas

    ResponderEliminar