6 de xullo de 2012

OS PENDELLOS: CORAZÓN DA ARTESANÍA


 Hoxe, a tarde reservounos unha agradable visita ao antigo mercado da feira de Agolada. Os Pendellos, vestidos de gala, esplendorosos en continente e contido, conxugando con sabedoría a arquitectura popular e a artesanía paciente e excelente de múltiples e diversos artesáns galegos; acollían unha digna concorrencia de público.
Canto gozo ao ver esta arquitectura viva, aínda que sexa ocasionalmente, facendo marabilla nas miradas dos incrédulos!
Canta regalía ao escoitar como algúns enaltecían a feitura e consistencia das trabes (elocuente sinécdoque)!
Canta ledicia poder comprobar como as administracións van descubrindo a excelencia deste espazo da mellor etnografía! A ver se finalmente se animan a botar a andar en serio o recinto dun xeito permanente.
Canta satisfacción poder asistir á amenísima charla do deseñador vasco afincado en Barcelona , Martín Azúa! Que luxo para Agolada!
Canta alegría ao ver entrar ao autor de Memorias dun neno labrego na humilde capela das Virtudes!
O dito, unha agradable visita.























P.S.
Os Pendellos que enamoran
El corazón del folclore late en Agolada
Web oficial
Un taller de luxo con Martín Azúa
Un paseo, una foto
Leilía pecha o Encontro da Artesanía
Os Pendellos lateron ao calor da artesanía
Clamoroso éxito

8 comentarios:

  1. Coa lembranza das antigas feiras os pendellos convértense, de novo, nun espazo arredor do cal latexa a vida.
    Fermoso o traballo dos artesáns neste marco incomparable.
    Grazas por compartir as imaxes.
    Saúdos. César.

    ResponderEliminar
  2. Nós estivemos o venres e foi unha agradable sorpresa ver este encontro de artesáns. Gustounos moitísimo e os Pendellos son o marco perfecto para esta xuntanza. Acabamos de publicar unha entrada no noso blogue falando tamén desde encontro que esperemos sexa o primeiro de moitos.
    ¡Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén fun e, coma sempre que vou, gustoume a mestura perfecta entre a pedra e maila artesanía.
    Parabéns.
    Apertas.

    (Tamén hai unha foto hoxe na Chousa dese evento, pero ti ben sabes que me costa moito escribir dereito...)

    ResponderEliminar
  4. Felicidades, unha moderna imaxe do antergo.
    Desde O pico Sacro

    ResponderEliminar
  5. SEICA FOI UN ÉXITO TOTAL SEGÚN ME DIXERON OS MEUS PAIS E IRMÁS, ALEGROME, BOA FALLA NOS FAI Ó POBO DE AGOLADA. SAUDOS DE UN AGOLENSE QUE VIVE EN PALMA DE MALLORCA.

    ResponderEliminar
  6. Alédame ver tan vivo e activo o recinto dos pendellos.
    Gustaríame ser rico para mercar en todos os postos.

    ResponderEliminar
  7. oooh, e eu estaba bastante cerca e non me enterei...
    mágoa.

    ResponderEliminar
  8. ... eu non me enterei, que lastima...
    ... non o perdería por nada.

    desde Madrid.

    Fidel.

    ResponderEliminar