19 de setembro de 2012

A CULTURA CASTREXA EN AGOLADA

O concello de Agolada é un territorio que alberga un amplo catálogo de patrimonio arqueolóxico. Nestas presentacións fixámonos nos recintos castrexos dos que sabemos e mesmo dos que intuímos que existiron e xa despareceron por diferentes causas. Sen ser eu ningún especialista na materia, o meu labor centrouse na mera tarefa de catalogación e estudo de campo. E agora, desde esta tribuna blogueira, proceder á difusión do seu coñecemento e valoración. Máis que ensinar, este traballo permitiume a min aprender, entender mellor un territorio e a orixe das actuais aldeas, advertir o enorme valor histórico que se esconde tras os topónimos e microtopónimos, saber que as desfeitas ocorridas neste patrimonio sempre se deberon á incultura ou á avaricia de quen procurou tesouros ignotos nestes recintos. A riqueza evidenciada neste simple mostrario fotográfico é ínfima se se compara coa realidade física dos recintos castrexos. Marcelín, A Gurobela, Galegos, Carmoega, Val (As Trabancas)... son uns recintos castrexos merecentes de mellor trato e destino.

4 comentarios:

  1. Como sempre, moi interesante todo canto nos achegas nesta reportaxe extensamente traballada.

    ResponderEliminar
  2. Estás facendo unha magnífica labor pola nosa cultura e historia.
    Ogallá sexa ben recompensada.

    ResponderEliminar
  3. Marabilloso. Grazas por compartir tanta sabedoria. Reutilizabdo en Londres o teu traballo.

    ResponderEliminar
  4. Visitar aqualatam sempre é un placer. Unha aperta.

    ResponderEliminar