24 de abril de 2016

MARÍA DO CEO VISITA AGOLADA E CORREO DE JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ SUCASAS


 Manolo:
   Onte estive no concerto de María do Ceo, um espetáculo musical muito bom. Parabéns tambén pela tua apresentação, muito interessante, sobretudo pela ligação que fizeste entre a cultura das duas partes do Minho. Eu acho que conhecer um pouco melhor a língua portuguesa poderia ajudar-nos a entrar em contato com duzentos milhões de falantes.

   Aproveito a ocasião para te cumprimentar e para te mandar uma foto de quando éramos crianças na escola de Vilariño. A foto está feita na frente do noso portal, quer dizer, tambén na frente da escola de Vilariño, e data aproximadamente do 1960 ou 1961. O maestro, don Belisario, está na parte de tras, e na segunda fila, em pé, de esquerda para direita, estão: 1. Servando Vázquez, com casaco com botões brancos (do Merendeiro do Arnego), 2. Manolo Méndez (que é o rapaz que me mandou a foto, filho do Mendez de Velpellós, e que mora em Valencia há já muitos anos), 3. Javier Pumar (irmão de Manolo Pumar, de Vilariño), 4. José Antonio Fernández Sucasas.
  Na primeira fila, de cócoras ("en cuclillas"), acho que os rapaces são: Ovidio Méndez (da Lagoa), Pepe Tarrío (de Lagoa), Ovidio Pérez Castro (já falecido, irmão de Eusebio da Lagoa), Alvaro Pumar (da Lagoa, vive em Burgos, irmão de Marisa, a mulher de Joel, que vivem perto da gasolinera de Agolada), e Abel Coego (o dos pescados).
   Estes sao alguns dos que posso reconhecer. Acho que é interessante.
         Parabéns e Cumprimentos
                 José Antonio Fernández Sucasas
Dous feitos desta fin de semana romperon a miña rutina e ocuparon a miña atención: o concerto que María do Ceo ofreceu en Agolada e unha entrañable foto nun correo do amigo e colega José Antonio Fernández Sucasas (Por certo, nel fai gala dos seus coñecementos do portugués, como tributo a esa ligazón que debería xunguirnos aos pobos irmáns). Ambos feitos aparecen relacionados no correo e así os recollo no blog. A foto explícase por si soa, coma toda imaxe con medio século de historia, un anaco das nosas vidas recuperado. (A imaxe foille facilitada moi xentilmente a José Antonio por Manuel Méndez, natural de Velpellós e que actualmente reside en Valencia. Quede constancia do noso agradecemento. Atribúese a autoría da foto a Manuel Galego Iglesias).
O concerto de María do Ceo tivo para min a sastifacción de coñecela en persoa e de escoitala en directo e gozar coa excelencia da súa voz e do seu rico repertorio. E cóubome a honra de participar na presentación do seu disco, por petición do Concello de Agolada.
Deixo constancia no blog das miñas palabras, pronunciadas na tarde-noite de onte no salón de actos do Centro Social de Agolada, e envío un saúdo moi agarimoso deica Pereiro de Aguiar para María do Ceo, Xosé Salgado e Álex Salgado. Tamén Para Armando e Carmen e Lorinda.

Boas tardes. A miña presenza aquí  responde  a unha invitación do Concello de Agolada para versar sobre Galicia e Portugal neste evento de excepción para Agolada. Non é frecuente ter na nosa vila figuras da canción da calidade de María do Ceo.

Intentarei ser breve porque o que nos reúne aquí é a presenza desta significada compositora-intérprete portugalega. Acabo de utilizar o xentilicio “portugalega” con toda a intención, aínda que a alguén lle poida chamar a atención. Portugalicia é unha entelequia coa que moitos intelectuais de ambas beiras do pai Miño levan soñado. María do Ceo é un expoñente ideal desa Portugalicia arelada, nada no Porto e acollida desde a idade temperá de 7 anos na cidade de Ourense, onde reside. María do Ceo: compendio de Galicia e Portugal, fado do Douro, saudade do Miño. 

María está hoxe conosco para ofrecernos a súa música no celme da súa voz e para presentarnos o seu novo disco. Mais a min encoméndanme que fale  dos lazos que nos xunguen a Galicia e Portugal, das dúas  culturas, das dúas linguas.

Eu soño con esa Portugalicia, onde as fronteiras de antano se vaian diluíndo e dando paso a unha raia porosa que nos interrelacione intensamente aos dous pobos irmáns que no pasado compartiron lingua e historia.  Soño con que o presente e o futuro nos acheguen máis e nos proxecten cara o mundo da lusofonía e que nós, os galegos, descubramos e comprendamos a importancia desta posibilidade comunicativa.

Soño con Galicia e Portugal convertidas naquel Couto Mixto de Rubiás, Santiago e Meaus como o que antano se conformou na raia entre Calvos de Randín, Baltar e Montalegre. Podo permitirme soñar con ese “anaco de terra enteira,  entelequia libertaria sementada de esperanza, con fronteiras de pedra e auga, onde o pobo é quen máis ordena”. Soño con ese espazo histórico como marco de referencia para as futuras relacións dos dous pobos irmáns. E que María do Ceo estea alí para cantarnos a alegría do himno que lle compuxo.

Gustaríame que Galicia e Portugal se prodigasen máis nos encontros, de ir e vir, de traer e levar, de pedir e ofrecer, de ensinar e aprender. Temos tanto que aprender de Portugal!  

Galicia e Portugal, terras irmás que sufriron longamente a tallada fronteiriza, souberon de anos de nostalxia, de malencolía, de fado. Pido un futuro irmandado e optimista para estas dúas terras que son unha a prolongación da  outra. De tal xeito que Galicia é o Portugal do Norte e Portugal é a Galicia do Sur. Curiosamente unha termina onde a outra comeza e solápanse sen costuras artificiais, tamén nos topónimos: PORTUGALICIA.

 Quero rematar con palabras do poeta portugués João Verde, nado en Monçao. Están alí en Monçao no paseo da fortaleça impresos nos típicos azulexos de Portugal. A contemplación da Galiza afastada pela raia e o Minho desde a fortaleça de Monçao inspiroulle estes versos oportunos:
Vendo-os assim tão pertinho,
a Galiza mail’ o Minho,
são como dois namorados
que o rio traz separados
quasi desde o nascimento.
Deixal-os, pois, namorar
já que os paes para casar
lhes não dão consentimento
Máis nada. Muito obrigado, María do Ceo. Que teñades feliz estancia n’Agolada.

1 comentario:

  1. Parabéns pola presentación. Súmome tamén as palabras do amigo José Antonio sobre a ligazón que fixeches entre as nosas culturas, mellor dito a nosa cultura, considero que galega e portuguresa é a mesma con diferentes matices. Tamén a túa referencia ao Couto Mixto fíxome escoitar palabras libertarias, nas que o pobo é o que máis ordena, por primeira vez en Agolada e ditas por un aqualatense, concordo moito co que alí dixeches...o dito parabéns.

    ResponderEliminar