11 de xaneiro de 2017

ACTIVIDADES RECENTES DO COLECTIVO BALUARTE

Desde o inicio o Colectivo Baluarte propuxo levar a cabo unha xestión pausada e constante para conquerir a definitiva restauración dos Pendellos de Agolada e procurar botar a andar un mesón-restaurante-cafetería, un centro expositivo das feiras e recuperar a feira dentro das antigas construcións. É dicir, recuperar o restaurado para o uso permanente.

As últimas actividades desenroladas para conquerir esa meta foron:

- Un encontro-coloquio cos arquitectos Manuel Gallego Jorreto, Luz Paz Agras e Luís Gil Pita o pasado 12 de novembro.

- A elaboración dun amplo documento-informe para presentar nas diferentes instancias onde recabemos axudas.

- Solicitude de audiencia na Presidencia da Deputación de Pontevedra (que é a propietaria dos edificios restaurados nos Pendellos) e na Presidencia da Comisión Informativa de Cultura da devandita Deputación, na data de 2 de decembro de 2016. Seguimos a esperar a resposta desta Administración.

RESUMO DE IDEAS RECOLLIDAS NO ENCONTRO COS ARQUITECTOS:

- A xestión do recinto dos Pendellos excede con moito a capacidade do Concello de Agolada. Isto ten que ser competencia dun organismo supramunicipal, quizais un Padroado rector.

- Cómpre destacar a enorme potencia da arquitectura deste recinto.

- É recomendable confiar as solucións construtivas e restauradoras aos técnicos e profesionais da arquitectura.

- Cómpre meditar ben se compensa unha obra antes de acometela.

- A Cabaleriza non nos parece unha compra prioritaria, si protexela no PXOM. De momento tedes moito contedor para encher.

- Isto é un mercado, ten que seguir sendo un mercado, iso si actualizándoo e introducindo nel algunhas actividades contemporáneas.

- A feira debe ter cabida aquí (nos Pendellos).

- Isto debe funcionar máis ca un día no mes.

- O Museo das Feiras debe abordarse para esta feira e este recinto e facelo extensivo a todas as feiras de Galicia.

Manuel Gallego Jorreto: "O chan (o novo) está ben, os dous están ben e poden convivir perfectamente. O importante non é o chan. A min gústame máis o vello, pero se debe prevalecer o criterio da mobilidade, entón hai que recorrer a estas ou outras solucións"

- Os Pendellos son un ben patrimonial non só de Agolada. Estes son os pendellos de Galicia, é un ben cultural do pobo galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario