28 de decembro de 2017

NENOS E MOCIÑOS DE AGOLADA NUNHA PRIMEIRA COMUÑÓN


Trinta e seis nenos, adolescentes e mociños de Agolada, nunha xornada festiva, de primeira comuñón. Todos ben enfeitadiños e con roupa de domingo. Era motivo abondo para retratarse en grupo e deixar este recordo para a posteridade e para amosar o brío demográfico daquela viliña dos Pendellos nos primeiros anos 60. Así lucían na Praza da Feira, a carón do bar de Ricardo.
Estou convencido de que os seguidores de Agolada agradecerán esta imaxe, coa mesma ilusión con que eu a recibín. Para eles especialmente púxenlles números a cada un dos retratados para que xoguedes a poñerlles nomes ás caras. O número 15 vainos ter que dar máis pistas, porque co que se ve na imaxe non abonda.
P. S. Esta e moitas outras fotografías do período 1962-1964, da autoría de Manuel Galego Iglesias van ser proxectadas no auditorio de Agolada nun acto cultural organizado por Bico da Balouta, na primeira semana de febreiro de 2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario